Xa temos información de 3 deportes olímpicos.
Nicolás trouxo información do CICLISMO DE RUTA, un deporte que se practica en carretera e que a el lle gusta moito.
Martina trouxo información dun deporte que ela practica e para o que se precisa un cabalo: HÍPICA.
Xoel prefire deportes que se podan xogar na casa por iso prefire o TENIS DE MESA
Despois de que cada un nos contara a información que trouxo da casa buscamos nas escaleiras a icona correspondente a cada deporte e puxemoslle o nome e a nosa foto con unha coroa de olivo como corresponde a un campión.