xoves, 31 de marzo de 2016
RELEVO INFORMATIVO: CARMEN
Xa temos información da natación sincronizada que trouxo Carmen.
Despois de que explicara ao resto dos compañeiros e compañeiras toda a información localizamos nas escaleiras a icona e pegamos a foto coa coroa de olivo.
martes, 29 de marzo de 2016
domingo, 20 de marzo de 2016
ENCONTRO COA POESÍA
Para celebrar este día Rocío, mamá de Nicolás, deleitounos cuns cantos poemas, algúns escritos por ela e un adicado especialmente para nós.
Grazas!SEMANA DA PRENSA: O NOSO TRABALLO
O venres fixemos unha posta en común do traballo feito na semana da prensa.
O primeiro que fixemos foi diferenciar un xornal de información xeral de un xornal deportivo.
O seguinte paso foi localizar nun mapa as cidades onde se editan os xornais deportivos mais coñecidos e despois na pizarra dixital relacionamos xornais e cidades antes de facelo de forma individual nunha ficha.
A continuación colocamos estes xornais nunha liña do tempo.
Buscamos as seccións dun xornal xeral e dun deprtivo para comparar .
Comprobamos cal é o deporte que ten mais presenza nos xornais deportivos
.
Buscamos información sobre os xogos olímpicos.
Buscamos noticias que falaran do deporte feminino.
Como recompensa ao traballo xa temos o noso carné de xornalista!
xoves, 17 de marzo de 2016
mércores, 16 de marzo de 2016
DÍA DA ÁRBORE
Aínda que o día da árbore non é ata o día 21 de marzo nós xa empezamos cos festexos.
O primeiro foi visitar a exposición de libros que hai na entrada do centro para comprobar que todos falan de árbores. Aproveitamos para ler " El pequeño jardinero" e despois , na clase, convertemos a unha das mascotas de RIO 2016 nunha árbore.
martes, 15 de marzo de 2016
VISITA A EXPOSICIÓN: "OS OBXECTOS FALAN"
" Os obxectos falan" é o título da exposición que fomos visitar hoxe e dende logo que os obxectos presentes nos cadros contáronnos un montón de cousas.
Tedes toda a información desta visita no blog do centro.
Tedes toda a información desta visita no blog do centro.
domingo, 13 de marzo de 2016
FRIDA KHALO
No taller de Arte, coincidindo co Día da muller, achegámonos a figura dunha artista singular: FRIDA KAHLO.
xoves, 10 de marzo de 2016
MONTAXE DO ESCORNABOT
No blog de tics temos a información da montaxe que fixemos entre todo o cole do escornabot.
ENCONTRO CO FÚTBOL FEMININO
Tedes toda a información deste encontro coa mamá de Anxo da clase de 3 anos no blog da biblioteca.
mércores, 9 de marzo de 2016
8 DE MARZO: DÍA DA MULLER
Celebramos este día con unha sesión de contacontos na libraría MOITO CONTO na coruña, onde nos recibiron con moito cariño a nenos, nenas, mamás, avoa, tias...e mestras.
luns, 7 de marzo de 2016
DÍA DA MULLER: A MULLER NOS XOGOS OLÍMPICOS
O 8 de marzo celebramos o DÍA DA MULLER e dentro do noso proxecto estivemos investigando sobre o papel das mulleres no olimpismo.
Eleximos mulleres que foron relevantes nalgún momento da historia dos xogos olímpicos e coa información obtida elboramos un díptico
A aula de 4 anos tocounos investigar a:
ENRIQUETA BASILIO, atleta mexicana que foi a 1ª muller en prender o pebetero.
MIRIAM BLASCO, 1ª medallista española.
ANDREA FUENTES, nadadora de n. sincronizasa e ARANCHA SÁNCHEZ VICARIO, tenista que son as deportistas españolas con máis medallas olímpicas.
Primeiro buscamos a información e as imaxes en internet .
.Despois recollemos esa información na pizarra dixital.
Así nos quedou
SEMANA DA PRENSA
Hoxe tivemos a presentación, na biblioteca, da semana da prensa e, como non podía ser de outra maneira,este ano dedicarémolo ao xornalismo deportivo.
domingo, 6 de marzo de 2016
sábado, 5 de marzo de 2016
VÍDEOCONFERENCIA CON JAVIER GÓMEZ NOYA
Hai moita distancia, xa o vimos no mapa, dende Pastoriza ata Sudáfrica onde se atopa JAVIER GÓMEZ NOYA e CARLOS o seu entrenador pero a tecnoloxía fixo que esta distancia parecera curta.
Foi moi emocionante coñecer a todo un campión, o que lle damos as grazas por este agasallo.
Foi moi emocionante coñecer a todo un campión, o que lle damos as grazas por este agasallo.

mércores, 2 de marzo de 2016
RELEVO INFORMATIVO III
Hoxe nos xuntamos na biblioteca para compartir a información que trouxemos da casa dos deportes olímpicos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)