Xogo elaborado polo alumnado que asiste á aula de A.L.
Teremos que probalo na clase por é fantástico.
luns, 24 de outubro de 2016
CREANDO CÓDIGOS QR
Para que resulte sinxelo atopar os vídeos das diferentes sesións da montaxe do escornabot creamos uns códigos QR no talller tic .
Tedes toda a información no blog ticsBN
Tedes toda a información no blog ticsBN
AXUDÁDENOS A MELLORAR A BIBLIOBN
Podedes facelo cubrindo a enquisa que os nenos e nenas levaron para casa.
Grazas pola vosa colaboración.
Grazas pola vosa colaboración.
GUÍA DE LECTURA: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Hoxe os nenos e nenas levaron para casa a guía de lectura para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares.
ENCONTXO DÍA DAS BIBLIOTECAS
Foi un encontxo con sorpresa xa que puidemos coñecer aos protagonistas do libro a través dun vídeo.
domingo, 23 de outubro de 2016
DÍA DAS BILIOTECAS ESCOLARES EN BELAS ARTES.
Para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares fomos de visita ao Museo de Belas Artes, na Coruña, para intentar cazar Artes. Cada Arte "cazada" co ipad fixo que gañasemos un cromo para o noso álbum ata completar un total de 7 cromos.
Tedes toda a información no blog da bibliobn.
ENCONTXO: A ÁRBORE DA ESCOLA
Esta vez o escenario do encontxo foi o patio da escola e a protagonista a oliveira que hai no horto.
sábado, 22 de outubro de 2016
MONTAXE DO ESCORNABOT
Aquí tedes o rexistro que fixemos na aula dos pasos que seguimos para a montaxe do Escornabot construido no Taller Escornabótico.
xoves, 20 de outubro de 2016
XOGAR A LER
Esta semana empezamos coa nosa actividade de " XOGO A LER", préstamo semanal de fondos da biblioteca do centro para que as familias traballen na casa cos nenos e nenas.
Este ano o caderniño co que traballaremos é un pouco diferente polo que queda aquí información que pode ser do voso interese.
Ista é a plantilla que ampliamos con respecto ao curso pasado e que nas seguintes páxinas terán que copiar os nenos e nenas.
Este ano o caderniño co que traballaremos é un pouco diferente polo que queda aquí información que pode ser do voso interese.
Ista é a plantilla que ampliamos con respecto ao curso pasado e que nas seguintes páxinas terán que copiar os nenos e nenas.
Para que poidades ter unha referencia de como son as etiquetas dos libros aquí tedes esta imaxe.
Deberán debuxala e poñer o texto que a acompaña .
Na aula, e no momento de elexir o libro que levaremos, facemos un rexistro onde poñemos o número, escribimos o título e poñemos a data de préstamo.
Lede detidamente a primeira folla do caderniño onde figuran as recomendacións para que a actividade sexa levada a cabo da mellor maneira posible.
E só me queda desexar que desfrutes coa lectura en compañia dos nenos e nenas.
mércores, 19 de outubro de 2016
A CARTELA INFÓRMANOS
Hoxe colocamos a primeira cartela nun dos cadros do noso particular Museo Robótico: RUR, obra de teatro onde se empregou por primeira vez a palabra ROBOT.
Primeiro tivemos que cubrir os datos que nos dan a información do cadro : autor da obra, título, ano de creación, técnica empregada e medida.
Primeiro tivemos que cubrir os datos que nos dan a información do cadro : autor da obra, título, ano de creación, técnica empregada e medida.
martes, 18 de outubro de 2016
ANIVERSARIO: ANGEL
Hoxe Ángel celebrou o seu 5º aniversario compartindo unha rica torta de millo con toda a case.
Parabéns!
Parabéns!
luns, 17 de outubro de 2016
CANTA ACTIVIDADE NA BILIOBN!
Hoxe xuntámonos na bilioBN para descubrir as Artes no territorio das bibliotecas e foi toda unha experiencia.
domingo, 16 de outubro de 2016
IDEAS PREVIAS DO PROXECTO " NON SOMOS ROBOTS"
Xa tedes no blog da biblioteca o vídeo no que contamos o que sabemos, a día de hoxe, dos robots.
Cando remate o curso, pensaremos igual?.
xoves, 13 de outubro de 2016
O ESCORNABOT NO XOGAR A LER
Moi pronto imos empezar co préstamo de libros para casa, XOGAR A LER, polo que coa axuda do Escornabot estivemos dando un repaso as etiquetas dos libros e a descrición de cada unha delas.
Subimos a biblioteca e repasamos o panel das etiquetas.
A continuación fomos lendo a descrición das que figuran no taboleiro e unha vez que identificamos de que etiqueta se trata, programamos ao Escornabot para chegar a cada unha delas.
AS FIRURAS XEOMÉTRICAS E O ESCORNABOT
Coa axuda do Escornabot estes días estivemos familiarizándonos coas figuras xeométricas con volume: CUBO, ESFERA, CILINDRO, CONO e PIRÁMIDE e relacionandoas con elementos da vida cotiá.
Para esta actividades tamén precisamos unhas tarxetas coas figuras xeométricas.
Un compañeiro elixe unha tarxeta e os demais deberán adiviñar de cal se trata. Despois teremos que atopar a figura no taboleiro ou a imaxe real que representa e programar o Escornabot para levalo ao lugar correspondente.
Deste xeito non só traballamos as firas xeométricas se non que tamén traballamos a orientación espacial: para adiante, para atrás, a dereita, a esquerda e reflexionamos sobre os pasos a dar para chegar a casiña elexida.
luns, 10 de outubro de 2016
OS INICIOS DA ROBÓTICA
Hoxe coñecemos, nun encontro e da man de Mª José, cales foron os inicios da robótica, aló na antiga Grecia.
domingo, 9 de outubro de 2016
TALLER ESCORNABÓTICO
Paso a paso o noso escornabot vai collendo forma, cada día vamos engadindo novos elementos .
Podedes ver as sesións da montaxe no blog da biblioteca.
Podedes ver as sesións da montaxe no blog da biblioteca.
domingo, 2 de outubro de 2016
VISITA A BELAS ARTES
No Museo de Belas Artes( A Coruña) visitamos a exposición de Fernando Álvarez de Sotomayor.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)