xoves, 17 de novembro de 2011

INVITACIÓN

Esta é a invitación que os nenos e nenas levaron hoxe para casa : celebraremos unha festa o MARTES, 22 de NOVEMBRO ás 5:15 na escola de BARRIONOVO, para que todos teñades a oportunidade de coñecer o centro e desfrutar xuntos dunha tarde diferente.
ESPERÁMOSVOS A TODOS E TODAS!!!!!

luns, 14 de novembro de 2011

PARABÉNS XAVIER !!

Hoxe cumpriu XAVIER 3 anos e todos lle cantamos para celebralo, el nos regalou un paquete de "chuches"a cada un.
PARABÉNS XAVIER!!!!!

venres, 11 de novembro de 2011

CESTAS PARA CASTAÑAS

Isto é o resultado da colaboración das familias para a celebración do Magosto. GRAZAS A TODOS.




SAN MARTIÑO E O MAGOSTO

Hoxe, día de San Martiño, celebramos o MAGOSTO no colexio.Ao longo da mañá tivemos varias actividades:
primeiro fixemos unha exposición en clase das cestas tan fantásticas que fixemos na casa.
Depois fomos a biblioteca onde Mª José nos contou o conto " el gato tragón", que nos gustou  moito.
Por último comemos as castañas que nos asou Marta, da panadería a Biscotte e que estaban ben boas e a quen  lle damos as grazas.
GRAZAS papás, mamás, avós e avoas pola vosa colaboración.



mércores, 9 de novembro de 2011

O VENRES FAREMOS O MAGOSTO

O próximo venres día 11 celebraremos o MAGOSTO  no colexio. Para meter as castañas que imos comer precisamos que fagades na casa, coa axuda dos nenos e nenas, un recipiente con algo reciclado.Podedes usar un brik de leite ou zume, un bote algo grande, botellas de plástico....E podedes adornalo como vos guste.
Na seguinte presentación tedes varios exemplos para que vos podades orientar.


luns, 7 de novembro de 2011

MAGOSTO

Xa estamos no tempo das castañas e con elas chega o magosto. Na claseo xa nos estamos preparando facendo adornos para que o colexio estea ben bonito.
Se queredes ver actividades do magosto podedes consultar o blog da nosa BIBLIOTECA.


sábado, 5 de novembro de 2011

APRENDEMOS A COIDAR OS BOSQUES

O venres visitóunos un axente do SEPRONA para explicarnos o que fan para coidar os montes, os rios, os animaís , como loitan contra os incendios.
Tamén nos explicou o que podemos facer nós e as nosas familias para contribuír a coidar o medio ambiente.
Todos estivemos moi atentos e de seguro que aprendemos moitas cousas que nos serán moi útiles.