xoves, 1 de decembro de 2011

XA CHEGA O NADAL



Hoxe colocamos o noso calendario de Adviento para ir descontando o tempo que nos falta para que chegue o Nadal. A primeira en comer o bombón sorpresa foi Cintia Gándara pero hai unha sorpresa para cada un.

luns, 28 de novembro de 2011

NOTICIA DA VOZ DE GALICIA

Hoxe no xornal de "La Voz de Galicia" sae unha noticia do noso colexio onde falan do noso blog de Voz Natura e din que é moi inteesante.
Tamén podemos ver a noticia no propio blog de Voz Natura.

PARABÉNS CAROL

Xa todos temos 3 anos en clase, xa que só faltaba Carol que estivo de "cumple" hoxe.
Mirade que guapa coa súa coroa !!!
Parabéns Carol!

sábado, 26 de novembro de 2011

MIFI

Mifi é un coelliño branco que nos presentou Mª José na clase o outro día. Como nos gustou moito o conto o venres levamos un para a nosa casa que teremos que coidar moito.

martes, 22 de novembro de 2011

MENUDA FESTA!!!

Menuda festa tivemos hoxe no colexio!!!
Pola tarde fomos  ao colexio coas nosas familias para que todos visen o cole tan bonito que temos e no que pasamos tanto temnpo.
Acompañáronnos papás,mamás, irmáns, primos, amigos que estiveron antes no colexio, profes que tamén estiveron traballando aquí. Otras  quixeron vir pero polo seu traballo non puideron.
A todos lles damos as grazas por compartir con nós este día tan especial
Nesta presentación vai unha pequena mostra do que foi a festa.



luns, 21 de novembro de 2011

APRENDEMOS A FOTOGRAFIAR

Hoxe tivemos unha visita moi especial no colexio: un fotógrafo.
Icía, da aula de 4 anos, ten un tio que é fotógrafo e que se chama José Fernández. Hoxe estivo no colexio explicándonos moitas cousas interesantes sobre a fotografía. Ensinounos como funciona unha cámara , o que é un obxectivo, que os  hai de diferentes tipos, para que podemos usar as fotos, como se revelan....
Seguro que sacaremos moito proveito das cousas que nos ensinou.




domingo, 20 de novembro de 2011

OUTONO

Nestes días estamos traballando e desfrutando do outono e na clase de Aida ( audición e linguaxe ) os nenos e nenas traballaron con un poema que podedes ver e escoitar no BLOG de AL