luns, 16 de xaneiro de 2012
domingo, 15 de xaneiro de 2012
SEMENTANDO
Para o noso proxecto " UN CURSO NUN BOSQUE ANIMADO" nada mellor que empezar plantando as sementes das que sairán as árbores que seguramente plantaremos nalgún monte de Arteixo: carballo, piñeiro e pradairo.
Como primeira actividade observamos as sementes, a súa forma, tamaño...
Vimos o que necesitan para crecer : terra, auga e luz.
Para comprobar o efecto da luz unha das sementes metémola dentro dun armario onde non hai nada de luz.
Por último anotamos a data na que sementamos para despois ir comprobando como vai crecendo.
Dámoslle as grazas a María por axudarnos a SEMEMTAR.

luns, 9 de xaneiro de 2012
REIS MAGOS
Xa estamos de volta das vacacións de Nadal. Na clase esperábannos os agasallos que os Reis Magos nos deixaron para todo se tamén había unha carta con un saúdo.
Pasámolo moi ben contando o que os Reis Magos nos deixaron na casa e como foron as vacacións.
Pasámolo moi ben contando o que os Reis Magos nos deixaron na casa e como foron as vacacións.
domingo, 25 de decembro de 2011
sábado, 24 de decembro de 2011
O NADAL FOI UNHA FESTA
A nosa festa de Nadal foi un éxito: viñeron moitos papás ,mamás e avós, tivemos un teatro de sombras, os nenos e nenas de 4 anos e 5 anos dramatizaron dous contos e entre todos cantamos unha panxoliña en inglés.
Para rematar demos boa conta da menrenda.
Para rematar demos boa conta da menrenda.
martes, 20 de decembro de 2011
ENSAIANDO CON PILAR
Hoxe estivemos ensaiando coa profe Pilar o "CHRISTMAS CAROL" que imos cantar mañá. Tamén rematamos o Papá Noel que levamos para casa.
venres, 16 de decembro de 2011
XA NON HAI SEGREDO
Por fin xa sabemos cal é o segredo que se agochaba na nosa biblioteca!!!
Un precioso conto que nos contou Mª José, titulado " EL SECRETO" e que nos conta a historia dun ratiño que non quería que ninguén descubrira o seu segredo. Pero nós si que o descubrimos!!!!!
Un precioso conto que nos contou Mª José, titulado " EL SECRETO" e que nos conta a historia dun ratiño que non quería que ninguén descubrira o seu segredo. Pero nós si que o descubrimos!!!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)