xoves, 26 de abril de 2012

MÁIS CONTOS

Hoxe foi Álvaro o papá de Estela  o que nos contou un conto, "A VELLA LULULA" e que o fixo moi ben, como todos os que estes días estan vindo polo cole para agasallarnos cos seus relatos.
Grazas a todos e todas.
Para ver máis temos que ir ao blog da biblioteca.



mércores, 25 de abril de 2012

POEMA EN MOVEMENTO

Podedes ver no blog de AL o vídeo que Aida fixo na clase dun poema en movemento

SEMANA DO LIBRO

Seguindo coa celebración da semana do libro, hoxe tivemos dous contacontos na biblioteca.
Á primeira hora estivo María a mamá de Sara, da aula de 4 anos, que nos agasallou con "UN LIBRO".
Máis tarde Manoli, a bibliotecaria de Pastoriza contounos dous contos :  "GARAVANCIÑO"  e  "EL PÁJARO PUHUY", este último coa técnica do  kamishibai .
Mañá teremos máis.
Tedes máis informaicón no blog da biblioteca.




luns, 23 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO 2012

Empezamos o día na clase lendo un libro que Hugo R. nos trouxo da biblioteca de Pastoriza e despois do recreo fomos a nosa biblioteca onde Mª José nos presentou unha poesía de Gloria Fuertes e nos leu o poema
"el libro tonto".
Por último, tivemos uns agasallos: o carné da nosa biblioteca e un marcapáxinas.
Podedes ver máis no blog da Biblio BN



PARABÉNS LUCÍA!

Hoxe, Día Internacional do libro, Lucía  cupriu anos, 4 anos.
Parabéns Lucía!!!




domingo, 22 de abril de 2012

ÚLTIMAS NOTICIAS DA BIBLIO BN

Empezamos a semana con varias noticias que podedes ver no blog da biblioteca: o luns 23 celebramos o Día do Libro e o xoves e venres estivemos presentes, representados por Mª José, nos Encontros do Plan de Mellora  de Bibliotecas Escolares.
Espéranos una interesante semana, sobretodo se algún papá, mamá, avó ou avoa se anima a contarnos algún conto.

mércores, 18 de abril de 2012

NORMAS DA BIBLIO BN

Xa temos feito o cartel coas normas de uso da nosa biblioteca que elaboramos entre todos os nenas e nenos do colexio. Podédelo ver no blog da biblio BN.