venres, 23 de novembro de 2012

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO

Bicos, bicos e máis bicos. Iso é o que houbo hoxe no colexio para celebrar o DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO.
Tamén un contacontos na biblioteca e ata unha doce merenda en forma de beizos.
Toda esta información tédela no blogue da biblio BN



xoves, 22 de novembro de 2012

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO

Mañá celebraremos o DÍA INTERNACIONA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO con un acto na biblio BN e algunha outra sorpresa...
Tedes unha recomendación de lecturas contra a violencia de xénero no blogue da biblioBN



DÍA DA MÚSICA

Iván, da clase de 5 anos e Aida sorprendéunos con un conto rimado nun teatriño de sombras para celebrar o Día da Música.
Podedes ver o video no blogue da biblio BN



NA PREHISTORIA TAMÉN COMÍAN VEXETAIS !

Hoxe traballamos na clase cunha noticia dun xornal que nos contaba que na prehistoria ademáis de comer carne dos animais que cazaban, tamén se alimentaban de vexetais. Utilizaban as plantas para facer fariña axudándose de dúas pedras para moelas.
Primeiro vimos a fotografía da noticia que estaba tapada cunha cortina negra e fómola descubrindo pouco a pouco mentres íamos dicindo o que pensamos que se atopaba detrás (un home facendo lume coas pedras, mans que facían azúcar ó machacar a planta, pedras...). logo lemos a noticia para comprobar se o que pensabamos nun principio era certo ou non. Miramos as partes que tiña a noticia e identificamos o titular. Logo pegamos nunha ficha o titular coa fotografía e escribimos as tres palabras clave que nos suxería a noticia: "dieta", "planta" e "harina". Así a trevés do xornal descubrimos outra das maneiras coas que obtiñan alimentos os prehistóricos!
Todo isto grazas a Soraya que traballou a noticia para nós.


mércores, 21 de novembro de 2012

A VOZ DA CAVERNA

Este é o nome do noso xornal para este curso. Nel iremos traballando ao longo do curso escribindo ou debuxando noticias que consideremos interesantes.
Hoxe queremos compartir con vós esta noticia que apareceu o pasado sábado no xornal " La Voz de Galicia"que está relacionada co noso proxecto.


ENCONTXO DE NOVEMBRO

O encontxo desde mes será moi musical, con el celebraremos o Día da Música.

xoves, 15 de novembro de 2012

MAGOSTO 2012

Ata o bo tempo nos quixo acompañar hoxe para celebrar o magosto. Un día fantástico e cun doce arrecendo a castañas, cos sons da canción que nos preparou Maika, a mestra de Inglés e o conto " A castañeira" que os nenos e nenas de 5 anos, coa axuda de Aida, nos contaron nun camishibai .
 Grazas as familias por esas cestas tan bonitas!
Se queredes ver máis do magosto podedes consultar o blogue de Voz Natura
Para ver o video consultade o blogue da BiblioBN