domingo, 27 de xaneiro de 2013

FALTA MENOS

Xa falta menos para celebrar o Día da Paz, xa só nos quedan duas casiñas por cubrir no noso carné despois de ler "O SORRISO DE DANIELA" de Carmen Gil e Rebeca Luciani.


xoves, 24 de xaneiro de 2013

SOPA DE CALABAZA

"Sopa de calabaza" de Helen Cooper é o libro que lemos hoxe na biblioBN , é o terceiro do naso carné "queremos  ler en PAZ ". Se queredes ver máis presentacións desta actividade consultade o blogue da biblioBN


mércores, 23 de xaneiro de 2013

SEGUIMOS LENDO EN PAZ

Hoxe tocoulle o turno ao libro "BRANCOS E NEGROS" de David Mckee  e con el xa temos duas casiñas do noso carné cubertas.

martes, 22 de xaneiro de 2013

PARA LER EN PAZ

Hoxe apareceu na aula un sobre da biblioBN . Dentro había un carné con unha folla de instruccións que teremos que ir cumprindo ao longo desta semana e a que vén. Xa temos a primeira casiña do carné cuberta co número 7 que corresponde ao libro " UNA PIZCA DE PIMIENTA" de Helen Cooper.
Mañá leremos un novo libro.


luns, 21 de xaneiro de 2013

venres, 18 de xaneiro de 2013

THE BODY

Estes días na clase de inglés estamos traballando co corpo e aprendendo novo vocabulario. Podedes repasalo con estes vídeos.

ACTIVIDADES LIM PARA O DÍA DA PAZ

No blogue da biblio BN tedes actividades LIM para que desfrutes xogando coa PAZ.