martes, 10 de febreiro de 2015

ENCONTRO COA DGT

No blogue da biblioteca tedes toda información do encontro  con  Rosa e Rocio da DGT.

luns, 9 de febreiro de 2015

MANDADIÑO DO LUNS

Hoxe fomos saudar ó meco para facernos unha foto e amosarlle os carteis das nosas rúas.
Se queredes saber máis do Entroido Galego visitade o blogue BARRIONOVO FALA GALEGO.


domingo, 8 de febreiro de 2015

TEMPO DE ENTROIDO

Esta semana vai ser moi especial: celebraremos o ENTROIDO e xa comezaremos  este luns cos mandadiños e remataremos o venres coa festa.
Dos mandadiños tedes información no blogue da EEI DE BARRIONOVO e no blogue da biblio BN tedes unha morea de recursos para poder xogar.




SEGURIDADE VIAL

Marcos Bermúdez, papá de Martina, déunos  unha intensa charla de como cumprir as normas de tráfico para  que nos desenvolamos con seguridade na vida diaria.
Deberemos ter estes consellos en conta cada día!


UNHA DE REBOTS

Tucho e Xoán de BricLabs presentaron na biblio BN os robots, escornabots, que nos acompañarán na escola un tempo. Tamén nos fixeron un encargo: temos que construir outro entre todos.
 Seremos capaces de  cumprir o reto?


Así vimos nós aos escornabots




domingo, 1 de febreiro de 2015

DÍA DA PAZ

Aínda que non se puideron completar todas as actividades do Día da Paz, das que se levaron a cabo dentro do centro tedes información no blogue .