martes, 31 de marzo de 2015

FALANDO DAS NOSAS RÚAS

Encontrámonos na biblioteca para explicar a nosa rúa ao resto de compañeiros e compañeiras.


luns, 30 de marzo de 2015

PAISAXE CON ÁRBORES

Esta é a recreación que fixemos do cadro de LUIS SEOANE " Paisaxe con árbores".
Para esta actividade empregamos teas de refugallo que pegamos sobre as árbores pintadas.
Tedes información desta actividade no blogue de VOZ NATURA e no de NOVOS NO BARRIO.



MONTANDO UN ESCORNABOT

Pasamos unha xornada moi divertida  montando o escornabot coa axuda de Paco.




luns, 23 de marzo de 2015

CHEGOU A PRIMAVERA

Hoxe celebramos o comezo da primavera con varias actividades na biblioBN: un conto con agasallo, unha poesía das estacións do ano e a música de Vivaldi.
Para rematar plantamos bulbos de tulipán e fixemos un con cartolina para levar para casa.
Tedes toda a infornación no blogue da biblioBN

mércores, 18 de marzo de 2015