Maio é o mes das LETRAS GALEGAS adicado este ano a FILGUEIRA VALVERDE e na nosa biblioteca xa empezou os festexos con varias e interesantes actividades.
domingo, 10 de maio de 2015
mércores, 6 de maio de 2015
QR METEREOLÓXICO
Despois de ver o que é un código QR decidimos darlle unha utilidade en clase. A partir de agora cando pasemos as rutinas escanaremos, coa axuda do ipad, un código QR que nos leva a páxina de Meteogalicia onde observaremos o tempo que fai.
Poñemos aquí o QR por si vos animades a usalo.
Poñemos aquí o QR por si vos animades a usalo.
domingo, 3 de maio de 2015
REMATA O MES DO LIBRO
Aínda que remata o mes adicado ao libro nós quixeramos que todos os meses foran " mes do libro" e que nunca ningún teña frío, como lle pasaba ao libro do poema de Gloría Fuertes,porque ninguén o le, esperamos que sempre haxa unhas mans que lles dean calor.
FACENDO PAN.
Decía ÁLVARO CUNQUEIRO que " a lingua sabe a pan" e nós quixemos comprobalo hoxe e imitar a Miguel Sande que cando ía a escola, de neno, comía letras de pan.
Así que coa axuda de Carmen e Lorena avoa e nai de Carmen , fixemos masa e despois cada un fixo a súa inicial.
Pero antes os nenos e nenas da clase de 3 anos animamos a festa "Contando ratones".
Así que coa axuda de Carmen e Lorena avoa e nai de Carmen , fixemos masa e despois cada un fixo a súa inicial.
Pero antes os nenos e nenas da clase de 3 anos animamos a festa "Contando ratones".
mércores, 29 de abril de 2015
VISITA A BIBLIOTECA MIGUEL SANDE
Despois de que Miguel Sande nos visitara no cole, cumpría devolver a visita, así que fomos a Biblioteca Municipal que leva o seu nome a escoitar un conto e algunha canción.
xoves, 23 de abril de 2015
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO
Para celebrar este día tivemos a visita do escritor e xornalista MIGUEL SANDE, nacido en Pastoriza e quen da nome a biblioteca municipal Puidemos facerller moitas preguntas para saber do seu traballo e contounos algunhas cousas de cando el era neno e ía a escola.
Levamos para casa un fermoso agasallo que fixemos na clase de Arte con Mª José.
Levamos para casa un fermoso agasallo que fixemos na clase de Arte con Mª José.
luns, 20 de abril de 2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







