martes, 27 de outubro de 2015

BODEGÓN DE SAMAÍN

Ademáis de bonito foi divertido facer este bodegón.


MADALENAS DE SAMAÍN

Que ricas e monstruosas madalenas de cabaza fixemos!
Primeiro estudamos a receita para ver o que precisamos para a súa elaboración, que cantidades e en que orde temos que facer as diferentes tarefas.
Cando xa todo está claro poñemonos mans a obra : relamos, batemos, mesturamos e metemos no forno as nosas madalenas.
Para non esquencer como se fai cada un escribe a súa receita.

domingo, 25 de outubro de 2015

RELEVO INFORMATIVO: NICOLÁS, MARTINA E XOEL

Xa temos información de 3 deportes olímpicos.
Nicolás trouxo información do CICLISMO DE RUTA, un deporte que se practica en carretera e que a el lle gusta moito.


Martina trouxo información dun deporte que ela practica e para o que se precisa un cabalo: HÍPICA.


Xoel prefire deportes que se podan xogar  na casa por iso prefire o TENIS DE MESA


Despois de que cada un nos contara a información que trouxo da casa buscamos nas escaleiras a icona correspondente a cada deporte e puxemoslle o nome e a nosa foto con unha coroa de olivo como corresponde a un campión.





mércores, 21 de outubro de 2015

luns, 19 de outubro de 2015

TODO ES RELATIVO

Isto é o que puidemos comprobar hoxe despois de ler o libro "ESTO ES RELATIVO".

domingo, 18 de outubro de 2015

XOGO A LER

A pasada semana empezamos o "XOGO A LER" deste curso.
Como actividade previa ao traballo da casa, en clase, escollemos un libro, buscamos a portada, rexistramos o número e poñemos a data.

A continuación pegamos a portada no caderno no que logo de ler o libro, xa na casa, temos que escribir o título, poñer o nome do autor ou autores e por último facer un debuxo.

Este é o resultado do traballo do primeiro préstamo.

xoves, 15 de outubro de 2015