Despois de que Mª José nos presentase na biblioBN as distintas disciplinas olímpicas da antiga Grecia que aparecen en cerámicas, baixamos a aula de psicomotricidade, onde temos exposta a liña do tempo das olimpiadas.
Despois de poñer a data dos últimos xogos olímpicos gregos colocamos tamén o pebetero co lume e a paz olímpica.
Seguiremos a poñer outros elementos significativos.
mércores, 11 de novembro de 2015
MAGOSTO 2015
Empezamos o magosto con poesía, un agasallo dos nenos e nenas de 5 anos e rematamos, despois de comer as castañas, con outro agasallo: un boísimo bizcoito que nos trouxo Martiño polo seu santo.
PARABÉNS MARTIÑO!
Grazas a todas as familias pola súa colaboración.
PARABÉNS MARTIÑO!
Grazas a todas as familias pola súa colaboración.
domingo, 8 de novembro de 2015
NOVEMBRO E A CIENCIA
Neste mes tan científico propoñémosvos un reto para toda a familia.
Visitade o blog da biblioBN que alí tedes toda a información.
Visitade o blog da biblioBN que alí tedes toda a información.
xoves, 5 de novembro de 2015
OS NOSOS XOGOS: O TROMPO
Estreamos mes e xogo, neste mes non podía ser outro : O TROMPO, porque xa o dí a acción poética desta semana: " POLO SAN MARTIÑO TROMPOS AO CAMIÑO".
Por suposto que tamén fixemos un arte cos trompos.
Por suposto que tamén fixemos un arte cos trompos.
mércores, 4 de novembro de 2015
RELEVO INFORMATIVO: MARTÍN E DANIEL
Pouco a pouco van aprecendo novos deportes en clase. esta vez tocoulle a NATACIÓN, información moi completa que nos trouxo Martín.
Daniel elexiu o futbol porque é o deporte que el prectica
Despois de contarnos a información que trouxeron da casa buscamos a icona nas escaleiras e pegamos as fotos.
Despois de contarnos a información que trouxeron da casa buscamos a icona nas escaleiras e pegamos as fotos.
martes, 3 de novembro de 2015
RELEVO INFORMATIVO
Hoxe compartimos co resto dos compañeiros e compañeiras da escola a informa que trouxemos da casa dos diferentes deportes.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












