xoves, 19 de novembro de 2015

ARTE E DEPORTE EN GRECIA

 Despois de ver a presentación que fixo Mª José  na biblioteca, así recreamos a AURIGA DE DELFOS  na clase de ARTE 

luns, 16 de novembro de 2015

MAPA HISTÓRICO

Hoxe a nosa biblioteca fíxonos un agasallo: un novo mapa.
Como non tiñamos moi claro de que mapa se trataba primeiro comparámolo co mapa de EUROPA que temos na clase e vimos que se parecia algo pero " non estaban os paises".


Despois de observar atentamente xa atopamos algo que se "parece Grecia".Escoitamos atentamente a explicación referida ao mapa e puxemos o nome a Grecia e localizamos o Monte Olimpo.
Agora xa sabemos que é un mapa antigo, un MAPA HISTÓRICO e que é distinto do mapa físico e do político que temos en clase.



domingo, 15 de novembro de 2015

RELEVO INFORMATIVO: ANTONIO

Antonio trouxo información sobre o atletismo e as diferentes probas que inclúe.


Buscamos a icona nas escaleiras e pegou a súa foto,



xoves, 12 de novembro de 2015

mércores, 11 de novembro de 2015

O INICIO DE TODO

Despois de que Mª José nos presentase na biblioBN as distintas disciplinas olímpicas da antiga Grecia que aparecen en cerámicas, baixamos a aula de psicomotricidade, onde temos exposta a liña do tempo das olimpiadas.
Despois de poñer a data dos últimos xogos olímpicos gregos colocamos tamén o pebetero co lume  e a paz olímpica.
Seguiremos a poñer outros elementos significativos.

MAGOSTO 2015

Empezamos o magosto con poesía, un agasallo  dos nenos e nenas de 5 anos e rematamos, despois de comer as castañas, con outro agasallo: un boísimo bizcoito  que nos trouxo Martiño polo seu santo.
PARABÉNS MARTIÑO!
Grazas a todas as familias pola súa colaboración.