domingo, 22 de novembro de 2015

O BEEBOT E OS XOGOS OLÍMPICOS

Os martes e os mécores estamos facendo un desdobre da clase en dous grupos, coa axuda de Raquel,  o que nos permite facer actividades que requiren máis atención.
Estes días estamo traballando ( primeiro un grupo e despois o outro) co BEEBOT, un pequeno robot que vive na nosa biblioteca, e coas iconas dos deportes olímpicos.
Despois de tirar o dado temos que buscar a icona do deporte que corresponda no panel do Beebot  e darlle as ordes precisas para que chegue a icona correcta.
Con esta actividade estamos traballando: a discriminación visual, a orientación espacial, o conteo, a colaboración entre parellas e sobretodo aprender a pensar antes de actuar.
E ademáis divertímonos moito!

25 DE NOVEMBRO: DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para celebrar un día tan significativo , os nenos e nenas coa axuda de Aida, no taller TICS, fixeron un audiovisual co lema " DI NON E PUNTO!".



OS LARETAS DO BARRIO

Podedes ver no blog de A. L .as praxias do magosto.

xoves, 19 de novembro de 2015

ARTE E DEPORTE EN GRECIA

 Despois de ver a presentación que fixo Mª José  na biblioteca, así recreamos a AURIGA DE DELFOS  na clase de ARTE 

luns, 16 de novembro de 2015

MAPA HISTÓRICO

Hoxe a nosa biblioteca fíxonos un agasallo: un novo mapa.
Como non tiñamos moi claro de que mapa se trataba primeiro comparámolo co mapa de EUROPA que temos na clase e vimos que se parecia algo pero " non estaban os paises".


Despois de observar atentamente xa atopamos algo que se "parece Grecia".Escoitamos atentamente a explicación referida ao mapa e puxemos o nome a Grecia e localizamos o Monte Olimpo.
Agora xa sabemos que é un mapa antigo, un MAPA HISTÓRICO e que é distinto do mapa físico e do político que temos en clase.



domingo, 15 de novembro de 2015

RELEVO INFORMATIVO: ANTONIO

Antonio trouxo información sobre o atletismo e as diferentes probas que inclúe.


Buscamos a icona nas escaleiras e pegou a súa foto,



xoves, 12 de novembro de 2015