mércores, 9 de decembro de 2015

PIZZA

Despois de recoller o ourego do horto, secalo e trituralo xa tan só quedaba usalo en unha receita e iso foi o que fixemos hoxe, empregalo para facer unha pizza.
Primeiro traballamos a receita vendo os ingredientes y a orde en que hai que usalos e xa nos puxemos mans a ...masa.
Recortamos os ingredientes e pegámolos na receita en orde.
Con un molde recortamos a pizza, botamos salsa de tomate, queixo,  ourego e metemos as pizzas no forno.
Cada un levou a súa para casa.

luns, 7 de decembro de 2015

ENCONTRO MUSICAL

Para celebrar  a patroa da música, Santa Icía, tivemos a visita de Victor con unha importante sorpresa: unha canción composta para nós e que rapidamente aprendemos.
Se queredes escoitala visitade o blog da biblioBN.

xoves, 3 de decembro de 2015

PREMIO

O noso proxecto do curso pasado " Pastoriza: 101 nomes" acaba de gañar un dos premios do II Concurso de Traballo por Proxectos da Consellería de Educación da Xunta de Galicia..
MOITAS GRAZAS a quen coordinou o traballo e nos empuxou a traballar cada día co mellor dos ánimos para chegar ata aquí.


3 DE DECEMBRO: DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Para celebrar este día tivemos un encontro na biblioteca con INDALECIO IGLESIAS un xogador de tenis de mesa que prticipou no xogos de Barcelona 1992 y agora entrena a futuros campións.
Con este encontro introducímonos nos Xogos Paralímpicos e AIDA presentounos as 23 disciplinas das Paralimpiadas.
Tedes toda a información no blog da biblioBN




Despois do encontro, xa na clase, traballamos con unha noticia que apareceu o día 29 de novembro no xornal La Voz de Galicia e que conta a historia de SARA, unha nena con parálisis cerebral a quen o deporte lle cambiou a vida.



mércores, 2 de decembro de 2015

XIMNASIA RITMICA

Hoxe Mar trouxo a clase a súa cinta de ximnasia rítmica para amosarlla a todos os nenos e nenas do cole e puidemos practicar con ela. Foi moi divertido!


ANIVERSARIO

Esta vez son dous os aniversarios que celebramos esta semana, os de Mar e Xoel.
Parabéns!



martes, 1 de decembro de 2015