Hoxe empezamos a conta atrás para os Xogos Olímpicos de Rio 2016 con un encontro na Bibliobn.
Vimos unha presentación, situamos no mapa Brasil e Rio, coñecemos as mascotas e presentamos os calendarios que usaremos para a conta atrás e o cartel no que anotaremos os días que faltan.
Xa na clase fixemos a primeira das actividades: contamos cantos días faltan para a cerimonia de apertura, escribimos o número no cartel e colocámolo no patio xunto cos das outras clses.
Agora teremos que contar para atrás todos os días !
venres, 15 de xaneiro de 2016
xoves, 14 de xaneiro de 2016
XOGAR A LER
Mañá venres toca "XOGAR A LER", levaremos de novo un libro para casa para ler e desfrutar.
Aquí tedes algúns exemplos do traballo dos nenos e nenas.
Aquí tedes algúns exemplos do traballo dos nenos e nenas.
xoves, 7 de xaneiro de 2016
OS XOGOS OLÍMPICOS DE INVERNO NA MESA DE LUZ
Nesta actividade de ARTE xogamos na mesa de luz cos pictogramas dos XOGOS OLÍMPICOS DE INVERNO
mércores, 6 de xaneiro de 2016
RELEVO INFORMATIVO: MIGUEL
Despois de compartir cos nenos e nenas a información traida da casa sobre o TRIATLON buscamos a icona correspondente e Miguel puxo a súa foto debaixo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











