mércores, 9 de marzo de 2016

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

Celebramos este día con unha sesión de contacontos na libraría MOITO CONTO na coruña, onde nos recibiron con moito cariño a nenos, nenas, mamás, avoa, tias...e mestras.


luns, 7 de marzo de 2016

DÍA DA MULLER: A MULLER NOS XOGOS OLÍMPICOS

O 8 de marzo celebramos o DÍA DA MULLER e dentro do noso proxecto estivemos investigando sobre o  papel das mulleres no olimpismo.
Eleximos mulleres que foron relevantes nalgún momento da historia dos xogos olímpicos e coa información obtida elboramos un díptico
A aula de 4 anos tocounos investigar a:
ENRIQUETA BASILIO, atleta mexicana que foi a 1ª muller en prender o pebetero.
MIRIAM BLASCO, 1ª medallista española.
ANDREA FUENTES, nadadora de n. sincronizasa e ARANCHA SÁNCHEZ VICARIO, tenista que son as deportistas españolas con máis medallas olímpicas.
Primeiro buscamos a información e as imaxes en internet .


 .Despois recollemos esa información na pizarra dixital.


Así nos quedou



SEMANA DA PRENSA

Hoxe tivemos a presentación, na biblioteca, da semana da prensa e, como non podía ser de outra maneira,este ano dedicarémolo  ao xornalismo deportivo.

sábado, 5 de marzo de 2016

VÍDEOCONFERENCIA CON JAVIER GÓMEZ NOYA

Hai moita distancia, xa o vimos no mapa, dende Pastoriza ata Sudáfrica onde se atopa  JAVIER GÓMEZ NOYA e CARLOS o seu entrenador pero a tecnoloxía fixo que esta distancia parecera curta.
Foi moi emocionante coñecer a todo un campión, o que lle damos as grazas por este agasallo.

Ver aquí

Así o vimos nós



INSTALACIÓN XXV

Neste caso para a  práctica psicomotriz utilizamos guantes de latex e chapas.

mércores, 2 de marzo de 2016

RELEVO INFORMATIVO III

Hoxe nos xuntamos na biblioteca para compartir a información que trouxemos da casa dos deportes olímpicos.