luns, 11 de abril de 2016

EMPANADILLAS DE ACELGAS

Coas acelgas que colleitamos o venres no horto fixemos unhas empanadillas engadíndolle un pouco de xamón cocido e queixo relado. Píntamolas con ovo e enfornamos.
Traballamos a receita e debuxamos a empanadilla.
Este é o resultado.


MES DO LIBRO: AS FAMILIAS CONTAN

Hoxe foi a mamá de Anxo, da aula de 3 anos, quen nos contou " A voda do Galo Pinto"

domingo, 10 de abril de 2016

MES DO LIBRO: VISITA A BIBLIOTECA MIGUEL SANDE E AS FAMILIAS CONTAN

Continuando coas actividades do mes de abril, mes do libro, fixemos unha visita a biblioteca  Miguel Sande convidados polas Bibliotecas Municipais de Arteixo.
Na nosa biblioteca son as familias as que contan e esta vez tocoulle a madriña de Iker e kevin.


luns, 4 de abril de 2016

venres, 1 de abril de 2016

ABRIL MES DO LIBRO

Que mellor comezo do Mes do Libro que un encontXo na nosa biblioteca con Sabela Fernández Trelles que nos explicou como desfacernos dos nosos medos?
Tedes toda a información no blog da biblioteca.

ANIVERSARIO: DANIEL.

Aínda que o aniversario foi en decembro un inoportuno olvido fai que hoxe lle desexemos un feliz aniversario  con moito retraso, parabéns Daniel!