xoves, 12 de maio de 2016

EDUCACIÓN VIAL

Hoxe tivemos unha instructiva e divertida visita: a da Policía Local.
Aprendemos a circular como peóns, a ir correctamente sentados no coche e coidar as mascotas cando andan polas rúas.
Pero o mais divertido foi sentirnos Policías por un intre sentados dentro do coche patrulla.
Tedes toda a información no blog do centro.

mércores, 11 de maio de 2016

ABANDERADO PARA RÍO 2016

O tenista RAFA NADAL será o abanderado de ESPAÑA nos Xogos Olímpicos de RIO 2016.
Traballamos primeiro  a noticia que apareceu no xornal " La Opinión": comprobamos que aparece na sección de deportes e lemos o titular.
Vimos que a foto que acompaña a noticia corresponde ao aceso do facho olímpico en Grecia que nós vimos en directo.


 Xa no noso xornal " A VOZ DO BARRIO" escribimos un titular e debuxamos a Nadal coa bandeira poñendo o seu nome no pé de foto.



luns, 9 de maio de 2016

DÍA DE EUROPA

Para celebrar o DÍA DE EUROPA, que se celebra o 9 de maio,  coñecemos da man de Mª José  a lenda do RAPTO DE EUROPA

venres, 6 de maio de 2016

DEDICATORIAS DE ANTONIO RUBIO

Hoxe na biblibn non só vimos unha curta senón que Mª José mostrounos  os libros que tan poeticamente nos adicou ANTONIO RUBIO.

MES DAS LETRAS: INAUGURACIÓN DA FONOTECA DOS NOSOS XOGOS

Para inaugurar a fonoteca dos nosos xogos, neste mes tan Galego, os alumnos e alumnas da aula de 5 anos déronnos unha sorpresa amosándonos como se xoga a roda-roda.
Noraboa polo ben que o fixeron!

mércores, 4 de maio de 2016

LETRAS GALEGAS

Hoxe baixamos ata a entrada do cole, onde temos o expositor de libros, para buscar un deles:           "SOÑOS NA GAIOLA" que conten poemas de MANUEL MARÍA  musicados por SUSO VAAMONDE para escoitar o poema "GALICIA".
Aproveitamos para ver e ler o cartel que está ó lado onde nos fala da súa compañeira SALETA  e dos libros que escribiu, non só poesía senón tamen narrativa e teatro.



No blog da biblioteca temos recursos para traballar e desfrutar das nosas letras.



luns, 2 de maio de 2016