luns, 17 de outubro de 2016

CANTA ACTIVIDADE NA BILIOBN!

Hoxe xuntámonos na bilioBN para descubrir as Artes no territorio das bibliotecas e foi toda unha experiencia.


domingo, 16 de outubro de 2016

IDEAS PREVIAS DO PROXECTO " NON SOMOS ROBOTS"

Xa tedes no blog da biblioteca o vídeo no que contamos o que sabemos, a día de hoxe, dos robots.
Cando remate o curso, pensaremos igual?.

xoves, 13 de outubro de 2016

O ESCORNABOT NO XOGAR A LER

Moi pronto imos empezar co préstamo de libros para casa, XOGAR A LER, polo que coa axuda do Escornabot estivemos dando un repaso as etiquetas dos libros e a descrición de cada unha delas.
Subimos a biblioteca e repasamos o panel das etiquetas.
A continuación fomos lendo a descrición das que figuran no taboleiro e unha vez que identificamos de que etiqueta se trata,  programamos ao  Escornabot para chegar a cada unha delas. 



AS FIRURAS XEOMÉTRICAS E O ESCORNABOT

Coa axuda do Escornabot estes días estivemos familiarizándonos coas figuras xeométricas con volume: CUBO, ESFERA, CILINDRO, CONO e PIRÁMIDE e relacionandoas con elementos da vida cotiá.
Para esta actividades tamén precisamos unhas tarxetas coas figuras xeométricas.
Un compañeiro elixe unha tarxeta e os demais deberán adiviñar de cal se trata. Despois teremos que atopar a figura no taboleiro ou a imaxe real que representa e programar o Escornabot para levalo ao lugar correspondente.
Deste xeito non só traballamos as firas xeométricas se non que tamén traballamos a orientación espacial: para adiante, para atrás, a dereita, a esquerda e reflexionamos sobre os pasos a dar para chegar a casiña  elexida.


luns, 10 de outubro de 2016

OS INICIOS DA ROBÓTICA

Hoxe coñecemos, nun encontro e  da man de Mª José, cales foron os inicios da robótica, aló na antiga Grecia.

domingo, 9 de outubro de 2016

TALLER ESCORNABÓTICO

Paso a paso o noso escornabot vai collendo forma, cada día vamos engadindo novos elementos .
Podedes ver as sesións da montaxe no blog da biblioteca.


domingo, 2 de outubro de 2016

VISITA A BELAS ARTES

No Museo de Belas Artes( A Coruña) visitamos a exposición de Fernando Álvarez de Sotomayor.