Hoxe, 17 de outubro, é o día das escritoras.
luns, 17 de outubro de 2016
CANTA ACTIVIDADE NA BILIOBN!
Hoxe xuntámonos na bilioBN para descubrir as Artes no territorio das bibliotecas e foi toda unha experiencia.
domingo, 16 de outubro de 2016
IDEAS PREVIAS DO PROXECTO " NON SOMOS ROBOTS"
Xa tedes no blog da biblioteca o vídeo no que contamos o que sabemos, a día de hoxe, dos robots.
Cando remate o curso, pensaremos igual?.
xoves, 13 de outubro de 2016
O ESCORNABOT NO XOGAR A LER
Moi pronto imos empezar co préstamo de libros para casa, XOGAR A LER, polo que coa axuda do Escornabot estivemos dando un repaso as etiquetas dos libros e a descrición de cada unha delas.
Subimos a biblioteca e repasamos o panel das etiquetas.
A continuación fomos lendo a descrición das que figuran no taboleiro e unha vez que identificamos de que etiqueta se trata, programamos ao Escornabot para chegar a cada unha delas.
AS FIRURAS XEOMÉTRICAS E O ESCORNABOT
Coa axuda do Escornabot estes días estivemos familiarizándonos coas figuras xeométricas con volume: CUBO, ESFERA, CILINDRO, CONO e PIRÁMIDE e relacionandoas con elementos da vida cotiá.
Para esta actividades tamén precisamos unhas tarxetas coas figuras xeométricas.
Un compañeiro elixe unha tarxeta e os demais deberán adiviñar de cal se trata. Despois teremos que atopar a figura no taboleiro ou a imaxe real que representa e programar o Escornabot para levalo ao lugar correspondente.
Deste xeito non só traballamos as firas xeométricas se non que tamén traballamos a orientación espacial: para adiante, para atrás, a dereita, a esquerda e reflexionamos sobre os pasos a dar para chegar a casiña elexida.
luns, 10 de outubro de 2016
OS INICIOS DA ROBÓTICA
Hoxe coñecemos, nun encontro e da man de Mª José, cales foron os inicios da robótica, aló na antiga Grecia.
domingo, 9 de outubro de 2016
TALLER ESCORNABÓTICO
Paso a paso o noso escornabot vai collendo forma, cada día vamos engadindo novos elementos .
Podedes ver as sesións da montaxe no blog da biblioteca.
Podedes ver as sesións da montaxe no blog da biblioteca.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



