domingo, 23 de outubro de 2016

DÍA DAS BILIOTECAS ESCOLARES EN BELAS ARTES.

Para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares fomos de visita ao Museo de Belas Artes, na Coruña, para intentar cazar Artes. Cada Arte "cazada" co ipad fixo que gañasemos un cromo para o noso álbum ata completar un total de 7 cromos.
Tedes toda a información no blog da bibliobn. 

ENCONTXO: A ÁRBORE DA ESCOLA

Esta vez o escenario do encontxo foi o patio da escola e a  protagonista a oliveira que hai no horto.


sábado, 22 de outubro de 2016

MONTAXE DO ESCORNABOT



Aquí tedes o rexistro que fixemos na aula dos pasos que seguimos para a montaxe do Escornabot construido no Taller Escornabótico.



xoves, 20 de outubro de 2016

XOGAR A LER

Esta semana empezamos coa nosa actividade de " XOGO A LER", préstamo semanal de fondos da biblioteca do centro para que as familias traballen na casa cos nenos e nenas.
Este ano o caderniño co que traballaremos é un pouco diferente polo que queda aquí información que pode ser do voso interese.
Ista é a plantilla que ampliamos con respecto ao curso pasado e que nas seguintes páxinas terán que copiar os nenos e nenas.

Para que poidades ter unha referencia de como son as etiquetas dos libros aquí tedes esta imaxe.
Deberán debuxala e poñer o texto que a acompaña .

Na aula, e no momento de elexir o libro que levaremos, facemos un rexistro onde poñemos o número, escribimos o título e poñemos a data de préstamo.

Lede detidamente a primeira folla do caderniño onde figuran as recomendacións para que a actividade sexa levada a cabo da mellor maneira posible.
E só me queda desexar que desfrutes coa lectura en compañia dos nenos e nenas.



mércores, 19 de outubro de 2016

A CARTELA INFÓRMANOS

Hoxe colocamos a primeira cartela nun dos cadros do noso particular Museo Robótico:  RUR, obra de teatro onde se empregou por primeira vez a palabra ROBOT.
Primeiro tivemos que cubrir os datos que nos dan a información do cadro : autor da obra, título, ano de creación, técnica empregada e medida.



martes, 18 de outubro de 2016

ANIVERSARIO: ANGEL

Hoxe Ángel celebrou o seu 5º aniversario compartindo unha rica torta de millo con toda a case.
Parabéns!