martes, 22 de novembro de 2016
CELEBRACIÓN DO DÍA DA MÚSICA
Celebrámolo na biblioteca con unha impresionate actuación de dous dos Escornabots do centro que bailaron e cantaron para todos nós.
venres, 18 de novembro de 2016
EMPEZA A OKUPACIÓN ESCONABÓTICA NA AULA DE 5 ANOS: NICOLÁS
Con unha mochila ben cargada empeza hoxe a "okupación escornabótica": un Escornabot, unhas plantillas, unha cámara de fotos, un libro, unha película e un caderno onde reflexar a experiencia.
A "okupación" durará unha semana.
Se tedes dúbidas de como levar a cabo esta actividade podedes escanear o código QR que vai na portada ou ir derectamente a información da biblioBN facendo clic no "Ver aquí" que está debaixo das imaxes.
A "okupación" durará unha semana.
Se tedes dúbidas de como levar a cabo esta actividade podedes escanear o código QR que vai na portada ou ir derectamente a información da biblioBN facendo clic no "Ver aquí" que está debaixo das imaxes.
NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO
Este mes de novembro adicámolo a ciencia en galego preparando algún experimento para compartir na biblioteca cos resto dos nenos e nenos do centro
Como primeiro paso visitamos o expositor de libros que está na entrada da escola e puidemos comprobar que ningún deles está en galego.
Como dispoñemos de moitos e moi variados imáns na clase decidimos experimentar con eles, así que preparamos tres experiencias para presentar e puxémolo por escrito usando o EDI.
Podedes ver o resultado o blog da biblioBN.
A POESÍA TAMEN É ROBÓTICA
Esta semana traballamos unha poesía de Gloria Fuertes que nos describe a Robot Robotina e que axudados por esa descrición tivemos que debuxar.
domingo, 13 de novembro de 2016
CONCURSO FOTOGRÁFICO: OFICIOS ARTESANAIS
Xa está a exposición das fotos que aportaron as familias na aula de usos múltiples do centro e xa temos gañador do concurso.
MAGOSTO 2016
No magosto non só comemos castañas se non que Martiño convidounos a biscoito polo seu santo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








