xoves, 6 de abril de 2017

NOVA FERRAMENTA NO RECUNCHO FEDELLEIRO

Podedes comprobar no blog da biblioBN a cara de alegría e sorpresa dos nenos e nenas ao contemplar esta nova ferramenta: dúas mesas multitáctis interactivas.


CONCURSO: ROBOTS EN 3R

A biblioBN convoca un concurso de creación de robots con materiais de refugallo.
Tedes toda a información no blog da biblioteca.

mércores, 5 de abril de 2017

TRABALLANDO CON PAPEL RECICLADO

O papel que fixemos no taller de reciclaxe promovido polo Consorcio das Mariñas utilizámolo para facer uns bonitos marcapáxinas pegándolle   fentos e flores.


martes, 4 de abril de 2017

OFICIOS ARTESANAIS: TECELÁ

Nesta acasión coñecemos o que é un tear e para que serve e como funciona. Vimos como eran antigamente e como son na actualidade.


Así o rexistramos



luns, 3 de abril de 2017

ROBOT NAO

Despois de ler unha noticia no xornal El Pais que fala de sete robot, das súas característica e ultilidade decidimos facer unha comparativa de tamaños e pesos.
Empezamos co humanoide NAO, vimos o que pesa e o que mide e vimos cal é a súa utilidade para fisioterapeutas e profesores.
Aproveitando unha columna que hai na aula e coa axuda de un metro puxemos unha cinta de cor azul da mesma medida do robot e puxemos un cartel co peso e outro coa medida. Faremos o mesmo co resto dos robots para poder comparalos.







DÍA DO LIBRO INFANTIL: MEDREMOS CO LIBRO!

Onte foi o Día do Libro Infantil e nós celebrámolo hoxe na bibliobn.


Tamén se editou unha GUÍA DE LESTURA que levamos para casa.

DÍA DAS ARTES GALEGAS: MARUJA MALLO

Para celebrar este día e homenaxear a Maruja Mallo fixéronse varias actividades na biblioteca.