domingo, 4 de xuño de 2017

MODIFICANDO O AVANCE DO ESCORNABOT

No taller TIC tivemos que facer modificacións no avance do escornabot, reprogramando o Arduino, para traballar coas pezas KAPLA.
Previamente na clase tivemos que facer o seguinte: medir o que avanza o escornabot, medir unha peza Gigi, coa que xa traballamos, medir unha cuadrícula da plantilla do escornabot e por último medir a lonxitude unha peza KAPLA.
Anotamos todos os datos nunha taboa de dobre entrada.
Xa no taller TIC fixemos os cálculos para saber canto ten que avanzar o escornabot.
tedes máis información no blog de TICs



sábado, 3 de xuño de 2017

FESTA DE VOZ NATURA

Tedes  información da festa no blog de Voz Natura.

I MAIO MIUDO

Florido paseo por Arteixo para celebrar o I Maio Miudo rematando cunha foto de todos e todas diante do noso Maio.




OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: SARA

Sara contounos a todos e todas o ben que o pasou na casa xogando co Escornabot e amosounos a plantilla que fixo das súas froitas favoritas: O Escornabot ten que percorrer as casiñas das sílabas para formar o nome das  foritas.


Esta é a opinión da súa familia.

Aquí está a plantilla e  o modo de xogar


Así xogou na casa




LETRAS GALEGAS E PUBLICIDADE

Aproveitando que o 17 de maio  moitos xornais publicaron publicidade en galego nomeando o Día das Letras Galegas, estivemos traballando os textos e as imaxes na  publicidade.
Cos anuncios que nos pareceron máis interesantes elaboramos un mural.





Como traballo final fixemos o nosotro propio anuncio dos principales lugares que temos no centro onde podemos encontrar textos en Galego.