venres, 28 de outubro de 2011

HOXE É SAMAÍN

Tamén hoxe apareceu unha cabaza na clase, a de Angel, que colocamos xunto coas outras, na entrada do colexio.
Despois fomos a Galán para ver a exposición de cabazas y alí tivemos unha sorpresa: a profe Marga e tres nenas do colexio Alba, Andrea e Elisa contáronnos o conto "SOPA DE CALABAZA" e amosáronnos a biblioteca e nos explicaron o porque están os libros colocados en andeís de distinta cor.
A saída da escola cada un de nós levou unha piruleta de Samaín para casa.


xoves, 27 de outubro de 2011

O SAMAÍN NO COLEXIO

Seguimos a desfrutar co Samaín no colexio. Hoxe 4 nenos trouxeron cabazas adornadas: Ainhoa, Nicolás, Ana e Xavier. Todas están colocadas na entrada do colexio xunto coas dos nenos e nenas de outras clases.
Tamén pintamos unhas cabazas para facer unhas etiquetas  que levaremos mañá a Galán para ver a exposición de cabazas  e algunha ourtra sorpresa.


mércores, 26 de outubro de 2011

XA CHEGA O SAMAÍN

Xa chega o samaín e nós estamos preparando varias actividades para celebralo: Mª José contóunos o conto de "Corre corre cabaciña", con  Aida estamos preparando unha canción  de Mamá Cabra.
Tamén estamos adornando a clase y seguramente mañá teremos algunha cabaza na clase.






luns, 24 de outubro de 2011

POR FIN NO COLE NOVO

Por fin hoxe xa tivemos clase no colexio novo! Os nosos papás, mamás e algunha avoa acompañáronnos ata a clase e todos puidemos ver o bonita que está .
Creo que pasamos un gran día comprobando que POR FIN temos sitio para traballar, xogar, ler...


domingo, 23 de outubro de 2011

QUE SERÁ ? SERÁ...

Mañá descubriremos onde está o mural que pintamos no outro cole e que se atopa colgado no novo, pero ONDE ?

venres, 21 de outubro de 2011

DISCULPAS

Que ilusión estrear un colexio!!!. Eso era ás nove da mañá pero ás nove e cinco a ilusión era a mesma pero por culpa dunha fuga de auga non foi posible.
Sentimos moito as molestias que este feito supuxo para vós e para os nenos e nenas que tan ilusionados estaban.
Queremos darvos as grazas pola vosa comprensión e procuraremos que o luns sexa un día inesquencible para todos e todas.

xoves, 20 de outubro de 2011