mércores, 29 de febreiro de 2012

INVASIÓN DE SNOOPY

Temos que darlle a grazas a Lucía e a súa mamá por prestarnos a súa colección de SNOOPY. Temos SNOOPYs de diferentes paises y ata un SNOOPY cociñeiro!

venres, 24 de febreiro de 2012

ANIVERSARIO DE ROSALÍA

Hoxe celebramos o 175 aniversario de ROSALÍA DE CASTRO coa lectura dalgunhas das súas poesías. Tamén fixemos as actividades que están colgadas no blog  da biblio BN e unha rosa para levar para casa.



xoves, 23 de febreiro de 2012

ARLEQUÍN

Para rematar o Entroido hoxe  disfrazámonos de arlequín e mirade que guapísimos quedamos.
Ao mesmo tempo traballamos unha poesía de Manuel Machado. Tedes información disto no blog da Biblio BN



sábado, 18 de febreiro de 2012

FESTA DE ENTROIDO

Aquí tedes as fotos da festa do Entroido para que vexades o ben que o pasamos.
Grazas a todos pola vosa colaboración, tamén a todos os nenos e nenas e profesores do Instituto de  Pastoriza pola súa boa acollida.
FELIZ ENTROIDO PARA TODOS E TODAS !


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
A free slideshow design by Smilebox
No BLOG de VOZ NATURA podedes ver máis fotos 

xoves, 16 de febreiro de 2012

CONCERTO

Estamos preparando o concerto de Mamá Oca coñecendo os instrumentos que escoitaremos ese día.
Podedes ver a presentación das fotos no blog de AL.


SNOOPY ADICTOS

Estes días recibimos unha invitación moi especial : a do 60 aniversario de SNOOPY e nós ímolo celebrar con moitas actividades na Bliblio BN. Cando rematemos teremos o noso carné  de Snoopy adictos. Hoxe xa conseguimos o  segundo selo para o carné.
No blog da biblioteca temos recursos para coñecer mellor a Snoopy e a súa pandilla os Peanuts.





ESTAMOS FANTÁSTICOS

 Así de fantásticos viñemos hoxe o cole. E mañá e o gran día, a festa do ENTROIDO.
Con que nos sorprenderán estes papás e mamás tan creativos??????