sábado, 14 de xullo de 2012

DE NOVO KLIMT

Hoxe GOOGLE adícalle o seu doodle a Klimt, xa que  é o día do seu 150 aniversario.
Aquí vai unha imaxe para que o padades ver.




venres, 29 de xuño de 2012

FESTA DE FIN DE CURSO

Empezamos o día da mellor maneira posible: escoitando un conto na nosa biblioteca " A MEMORIA DAS ÁRBORES". Despois demos boa conta da merenda no patio onde tamén despedimos aos nenos maiores que marchan para Galán e recibimos as orlas.
Rematamos na aula de usos múltiples con varias actuacións, dúas delas coa técnica do teatro negro de Praga.
Foi un día de moitos contrastes : moita alegría pero tamén algunhas bágoas.
Aquí tedes un recordo dese día.







                 

xoves, 21 de xuño de 2012

PARABÉNS HUGO!

Aínda que Hugo non cumpre os anos ata xullo, no colexio celebrámolo onte con todos os nenos e nenas .
Que en xullo teñas tamén un FELIZ CUMPREANOS!

luns, 11 de xuño de 2012

PARABÉNS IRENE

Aínda que Irene estivo onte de cumpreanos, na escola celebrámolo hoxe .
Parabéns Irene de parte de todos e todas !


domingo, 10 de xuño de 2012

A NOSA BOLSA

Unha vez máis apareceu unha nota misteriosa na nosa clase que nos invitaba a buscar unha bolsa nun sitio onde contamos moito.
Despóis de pensar que sitio sería ese chegamos a conclusión que é a Bilbliobn  e alí atopamos unha preciosa bolsa reutilizable de Carrefur e que fai alusión aos bosques de Esapaña e que é de un ilustrador de Barcelona, PEP MONTSERRAT.




A COLLEITA

Primeiro sementamos y agora ya empazamos a colleita. O venres levamos as primeiras leitugas, esperamos que o luns nos conten, os que as levaron, como estaban.


PARABÉNS ELSA!

O pasado sábado Elsa cumpliu 4 anos e na clase todos lle cantamos mentras apagaba unha vela co número 4.
Parbéns Elsa!