xoves, 11 de outubro de 2012

UN NIÑO PREHISTÓRICO

Hoxe  Mª José contóunos na biblioteca o conto " un niño prehistórico" que relata como era a vida de un neno nese período.
Tamén nos amosou no blogue da biblioteca  onde podemos atopar libros relacionados coa prehistoria e outros recursos, entre elas o conto de hoxe.



mércores, 10 de outubro de 2012

ENCONTRÁMONOS NA BIBLIOBN

Hoxe tivemos o noso primeiro ENCONTRO na BIBLIO BN.Os nenos e nenas da clase de 5 anos viñeron a invitarnos porque tiñan unha sorpresa para todos. Alí estaban preparados os carnés para entregar    aos nenos e nenas novos no colexio.
Tamén puidemos ver a novo caderniño que usaremos para o préstamo de libros e que ten o mesmo diseño da porta de bilioteca. É moi bonito!



xoves, 4 de outubro de 2012

MANS PREHISTÓRICAS

Coa axuda de Celia e Patricia estampamos as nosas mans con barro como se facia na prehistoria. Así de ben nos quedaron.


domingo, 30 de setembro de 2012

A VACA QUE PUXO UN OVO

Esta ficha fixémola despois de ler en clase o libro " A VACA QUE PUXO UN OVO" de Andy Cutbill e ilustrado por  Russell Ayto.




martes, 25 de setembro de 2012

A MOVERSE !

Aínda  que esteamos  moi ben sentados e quietos, estamos preparándonos para MOVERNOS na nosa primeira clase de psicomotricidade coa "profe" Celia.

luns, 24 de setembro de 2012

OUTONO

Así de bonita nos quedou  a ficha que fixemos da poesía do outono.


domingo, 23 de setembro de 2012

COLLEITA DE OUTONO

Aquí tedes os tomates do noso horto que xa están maduros e listos para comer!