mércores, 26 de decembro de 2012

PARA PASALO BEN EN NADAL

Aquí van algúns enlaces con actividades para o tempo de Nadal, algunhas dela tédelas no blogue deTICs  do centro.

luns, 24 de decembro de 2012

FESTIVAL DE NADAL

O festival deste ano tivo sentimentos moi encontrados porque tivemos que despidir a Soraya, Bárbara e Patricia, as "profes" de prácticas que tan ben nolo fixeron pasar e que cmpartiron tantas cousas con nós.
Polo demais pasámolo moi ben coas panxoliñas dos nenos e nenas de 3 e 4 anos e o conto dos nenos e nenas de 5 anos.
Grazas a todos os que compartiron con nós este día.
Foi un día inesquencible.
Tedes unha presentación no blogue do centro.




xoves, 20 de decembro de 2012

VISITA DO CARTEIRO REAL

Bueno, a estas alturas seguro que xa os Reis Magos teñen as nosas cartas no seu poder.Grazas ao Carteiro Real e a súa axudante por recoller as nosas cartas!

mércores, 19 de decembro de 2012

DIVERTÍMONOS CON BÁRBARA

Estes días pasámolo moi ben coas actividades que nos presentou Bárbara.
Tamén temos actividades moi divertidas para este Nadal no blogue de TICs

martes, 18 de decembro de 2012

ÁRBORE DE NADAL

Seguro que cando remate a semana a nosa árbore xa será toda de pedra!
Tedes información sobre o festival de Nadal  no blogue da escola



ACTIVIDADES NA BIBLIO BN

Mª José achegóunos hoxe ao Nadal co conto " La noche de Reyes", onde ao protagonista, Diego, sucedenlle unhas cousas un pouco raras na noite de reis.
Tamen aproveitamos para que Soraya, Bárbara e Patricia nos axudasen a a facer as adiviñas  nas que levamos un tempo traballando.
Tedes máis información no blogue da biblio BN

luns, 17 de decembro de 2012