Os nosos semilleiros de leitugas xa creceron e por iso as transplantamos para que sigan medrando a espera de poder comelas dentro de pouco.
sábado, 30 de abril de 2016
MES DO LIBRO: AS FAMILIAS CONTAN
Para rematar abril, mes amigo dos libros, Geli avoa de Michele, 4 anos, e madriña de Noa, 5 anos, leunos o conto "TROCO".
xoves, 28 de abril de 2016
MES DO LIBRO: AS FAMILIAS CONTAN
Belén, mamá de Xoel e Silvia, mamá de David, os dous da clase de 5 anos animáronnos a primeira hora da mañá con dous contos: " O XIGANTE DO PANTANO" e " LA CLASE DE LA MOSCA FOSCA".
VISITA A BELAS ARTES
Un ano mais visitamos o museo de Belas Artes en A Coruña e unha vez mais resultou un éxito.
Explicáronnos como se facían os retratos na antigüidade, xogamos ao "vexo, vexo" co cadro "Vista da Coruña1830" de Lugrís González e coloreamos a Torre de Hércules.
Tentamos imitar a escultura " Corredor" despois de analizala.
Diante do cadro " A apoteose de Hércules" contáronnos unha divertida historia de Hércules e Xerión.
Amosáronnos as ferramentas que se usan para esculpir e que usaron para facer a escultura " Árbore"
E para rematar tranformamos o cadro " As mariscadoras" de Seoane con diferentes elementos: plastilina, papel celofán, pinturas...
Grazas a xente do museo por este día.

mércores, 27 de abril de 2016
MES DO LIBRO: AS FAMILIAS CONTAN
Mónica, a mamá de Ángel da aula de 4 anos alegrounos o comezo do día con conto " UNHA FESTA SORPRESA".
martes, 26 de abril de 2016
MES DO LIBRO: AS FAMILIAS CONTAN
Cocorico e un oso foron os protagonistas desta xornada:
A mamá de Nicolás de 4 anos fixonos desfrutar moito co conto de " COCORICO" e Ana, madriña de Lucía de 5 anos con "WE´R GOING ON A BEAR HUNT".
A mamá de Nicolás de 4 anos fixonos desfrutar moito co conto de " COCORICO" e Ana, madriña de Lucía de 5 anos con "WE´R GOING ON A BEAR HUNT".
luns, 25 de abril de 2016
GAVIOTA HIPERBÓREA
Despois de traballar a noticia que apareceu no xornal " La Voz de Galicia": Arteixo, centro de peregrinaje de gaviotas, quixemos saber un pouco máis delas.
A nós tocounos investigar a GAIVOTA HIPERBÓREA .
Primeiro buscamos cal é o seu nome científico e para iso recurrimos a Wikipedia.
Nos xornal decía que viña do Polo Norte e buscamos no mapa onde se atopa.
Tamén localizamos Arteixo e a Praia de Alba onde apareceu.
Por último colocamos a gaivota no mapa do Ecosistema Arteixán que está na entrada do cole.
Así o reflexamos nós
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)