sábado, 25 de xuño de 2016

FESTIVAL FIN DE CURSO: CHEGADA A META.

No blog da EEI BARRIONOVO tedes toda información da cerimonia d clausura do curso Barrionovo 2016.

martes, 21 de xuño de 2016

RELEVO INFORMATIVO: CHEGAMOS A META!

Hoxe tivemos un encontro na biblioteca onde cada aula presentou o resumo do traballo deste curso.
Aquí tedes, neste vídeo, o noso.

mércores, 15 de xuño de 2016

RELEVO INFORMATIVO: THIAGO, SAAD E IVÁN

Eestes son os tres últimos deportes do que os nenos aportaron información: Thiago trouxo información do tiro, Saad  do canotaxe slalon e Iván do remo.




Despois de explicar aos compañeiros e compañeiras  cada deporte buscamos as iconas que están nas escaleiras e cada un pegou a súa foto.




martes, 14 de xuño de 2016

domingo, 12 de xuño de 2016

SAÍDA DE FIN DE CURSO

Nesta saída visitamos o Museo Etnolúdico de Galicia en Ponteceso e o Forno do Forte en Buño (Malpica).

sábado, 11 de xuño de 2016