Cada día o encargado levará a súa para casa.
mércores, 30 de novembro de 2016
A NOSA INICIAL EN 3D
Empezamos a facer a nosa inicial coa impresora 3D coa axuda da profe de TICs, Celia. Subimos a biblioteca e buscamos no ordenador a inicial de Mar, encargada do día. Primeiro tivemos que escalala porque era moi grande e tardaba moito en imprimirse. unha vez feito isto xa puxemos a impresora en marcha e en 10 min. tivemos a M lista.
luns, 28 de novembro de 2016
IMPRESIÓN EN 3D
Hoxe estreamos a impresora 3D do centro imprimindo a primeira letra do abecedario que nos quedou así de ben .
Proximamente imprimiremos a inicial de cada un.
Proximamente imprimiremos a inicial de cada un.
domingo, 27 de novembro de 2016
OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: NICOLÁS
Xa temos de volta a mochila da "okupación escornabótica" da casa de Nicolas cargada de fotos, vídeos e unha nova plantilla para xogar.
Esta é a plantilla que Nicolás creou cos seus papás para buscar parellas de froitas
Xogando a buscar parellas de robots.
Xogando a recoñecer figuras con volume.
Neste vídeo vemos o ben que o pasaron xogando na casa.
Xa na clase, explicando aos compañeiros e compañeiras o seu xogo.
Eta é a opinión del e da súa familia sobre esta actividade
AS FAMILIAS NO 25N
Para rematar a celebración do 25N as familias colgaron na tea de araña da bibliobn palabras que convidan a pensar e poñer en práctica para desterrar a violencia de xénero.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










