O Escornabot e a súa mochila xa están "okupando" a casa de Ángel.
luns, 13 de marzo de 2017
OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: MANUEL
Xa está de volta a mochila da casa de Manuel con unha nova plantilla para poder xogar. Explicounos a todos como a fixo e como se xoga: reutilizou 10 cromos ( 5 iguais) que tiña repetidos da Patrulla Canina e pegounos na plantilla e numerou as casiñas do 1 a 5. Empregando un dado hai que buscar as parellas de cada cromo. Cando no dado sae un 6 penaliza con unha vez sen xogar.
Isto é o que Manuel ecribiu no caderniño
A plantilla
Asi viviron a experiencia na casa
domingo, 12 de marzo de 2017
O ESCORNABOT FALA INGLÉS
Na clase de inglés, co profe Pablo, repasamos as cores coa axuda do Escornabot e a plantilla que trouxo Edgar da casa na que hai "cats" de diferentes cores que temos que ir emparellando.
xoves, 9 de marzo de 2017
OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: AS FAMILIAS OPINAN
Pouco a pouco o Escornabot vai "okupando" as casas dos nosos nenos e nenas e agora son as nais e pais os que nos contan a experiencia.
mércores, 8 de marzo de 2017
domingo, 5 de marzo de 2017
8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
Celebrarémolo compartindo unha obra de teatro.
No blog da bilbiobn tedes a GUÍA DE LECTURA para este 8 de marzo
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







