mércores, 31 de maio de 2017

ENCONTXOS COAS LETRAS GALEGAS: A FORMIGA ESQUIADORA

Esta vez foron os nenos e nenas da nosa clase os encargados de facer este encontXo.
Primeiro fixemos o escenario, aproveitando unha caixa de cartón e uns catálogos de mobles. Tamén debuxamos as formigas e a mosca protagonistas do conto.
E despois de algún ensaio xa todo está listo para contar o conto!

MAIO MIUDO 2017

A acción poética desta semana é un poema para o "MAIO MIUDO" que teremos que recitar cando vaiamos a Arteixo para celebralo.









MEDREMOS EN GALEGO! VI

Bo remate para o mes da Letras Galegas coa lectura de un conto compartido por unha mamá e unha avoa.

martes, 30 de maio de 2017

BRAZOS ROBÓTICOS

Hoxe traballamos dúas noticias xuntas: unha onde aparece un brazo robótico antigo e outra de un brazo robótico actual.
Fixemos unha comparación tanto dos materiais cos que están feitos  como do funcionamento.



luns, 29 de maio de 2017

OFICIOS ARTESANAIS: FAREIRO

Este é o resultado do traballo cos fareiros e os faros.



OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: GABRIEL

Gabriel explicounos a toda a clase como foi a súa experiencia  co Escornabot na casa e o ben que o pasou cos seus papás e as súas primas.

Así o escribiu no caderniño


Esta é a plantilla e a explicación do xogo


Así de ben o pasou na casa




mércores, 24 de maio de 2017

NOVA FERRAMENTA PARA AS LETRAS GALEGAS

Para traballar a Carlos Casares, homenaxeado este ano nas Letra Galegas, empregamos unha nova ferramenta: GLOGSTER, mural interactivo on line .
Primeiro decidimos o que queremos poñer no mural e despois buscamos a imaxes en internet e colocámolas no mural. Escribimos as etiquetas que precisamos.


Para explicar o que hai no mural gravamos as nosas voces co AUDACITY e despois insertámolas .



Este é o resultado