domingo, 25 de decembro de 2011
sábado, 24 de decembro de 2011
O NADAL FOI UNHA FESTA
A nosa festa de Nadal foi un éxito: viñeron moitos papás ,mamás e avós, tivemos un teatro de sombras, os nenos e nenas de 4 anos e 5 anos dramatizaron dous contos e entre todos cantamos unha panxoliña en inglés.
Para rematar demos boa conta da menrenda.
Para rematar demos boa conta da menrenda.
martes, 20 de decembro de 2011
ENSAIANDO CON PILAR
Hoxe estivemos ensaiando coa profe Pilar o "CHRISTMAS CAROL" que imos cantar mañá. Tamén rematamos o Papá Noel que levamos para casa.
venres, 16 de decembro de 2011
XA NON HAI SEGREDO
Por fin xa sabemos cal é o segredo que se agochaba na nosa biblioteca!!!
Un precioso conto que nos contou Mª José, titulado " EL SECRETO" e que nos conta a historia dun ratiño que non quería que ninguén descubrira o seu segredo. Pero nós si que o descubrimos!!!!!
Un precioso conto que nos contou Mª José, titulado " EL SECRETO" e que nos conta a historia dun ratiño que non quería que ninguén descubrira o seu segredo. Pero nós si que o descubrimos!!!!!
xoves, 15 de decembro de 2011
PREPARAMOS A FESTA
Xa empazamos a preparar todo o necesario para o festival do día 21. Na nosa clase estamos preparando un mural para adornar o lugar onde celebraremos a festa.
EL SECRETO, MI SECRETO
Durante toda esta semana estiveron aparecendo misteriosas mensaxes na clase que falan de un SEGREDO .
Hoxe apareceu unha mazá grande que nos pedía que escribiramos o noso segredo nuha mazá pequena e que mañá a levaramos a BIBLIOTECA.
Saberemos mañá de que segredo se trata??????
Hoxe apareceu unha mazá grande que nos pedía que escribiramos o noso segredo nuha mazá pequena e que mañá a levaramos a BIBLIOTECA.
Saberemos mañá de que segredo se trata??????
luns, 12 de decembro de 2011
A NOSA ÁRBORE DE NADAL
A árbore que hai na entrada do colexio empeza a estar moi bonita adornada cos CDs que van chegando da casa . Para comprobar como vai pinchar AQUÍ
venres, 9 de decembro de 2011
DECORAMOS O NADAL
Hoxe os nenos e nenas levan para casa unha nota para que nos axudedes a poñer o cole de NADAL.
Precisamos que nos adornedes un CD para colgar da árbore que temos na entrada do colexio.
Podedes usar todo o que queirades, cousas que teñades pola casa e que non sepamos que facer con elas.
Se nos dispoñedes de CDs pedídenos que nos temos algúns.
A modo de exemplo van unhas fotos que vos poden orientar.
Grazas pola vosa colaboración e que desfrutes facendo este traballiño cos vosos fillos e fillas.

martes, 6 de decembro de 2011
RECURSOS PARA NADAL
A coordenadora galega de equipos de normalización e dinamización ligüística propónnos unha morea de actividades que todos podemos facer dende a casa
.Que desfrutedes con elas pinchando AQUÍ
.Que desfrutedes con elas pinchando AQUÍ
domingo, 4 de decembro de 2011
INDIOS
Na clase de inglés, coa profe Pilar, aprendemos unha canción que fala de indios: "TEN LITTLE INDIANS". Tamén aprendemos un baile e para ambientalo tivemos que facer unha coroa de indio con unha pluma. Mirade que bonitas quedaron as nosas plumas!!!!!!!!
xoves, 1 de decembro de 2011
XA CHEGA O NADAL
Hoxe colocamos o noso calendario de Adviento para ir descontando o tempo que nos falta para que chegue o Nadal. A primeira en comer o bombón sorpresa foi Cintia Gándara pero hai unha sorpresa para cada un.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)