venres, 9 de decembro de 2011

DECORAMOS O NADAL

Hoxe os nenos e nenas levan para casa unha nota para que nos axudedes a poñer o cole de NADAL.
Precisamos  que nos adornedes un CD para colgar da árbore que temos na entrada do colexio.
Podedes usar todo o que queirades, cousas que teñades pola casa e que non sepamos que facer con elas.
Se nos dispoñedes de CDs pedídenos que nos temos algúns.
A modo de exemplo van unhas fotos que vos poden orientar.
Grazas pola vosa colaboración e que desfrutes  facendo este traballiño cos vosos fillos e fillas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario