xoves, 15 de marzo de 2012

VISITA DUN XORNALISTA

Dentro das actividades que estamos levando a cabo  no centro para celebrar a SEMANA DA PRENSA, hoxe tivemos a visita de un xornalista: LUÍS POUSA,responsable da sección de cultura de LA VOZ DE GALICIA e  irmán da profe Mª José.
Cotounos moitas e moi interesantes cousas da profesión de xornalista, da importancia da información, de como se fai un xornal. Dedicounos un artigo que el escribiu sobre Snoopy e tamén tivemos a oportunidade de facer preguntas que el contestou moi amablemente.
Para agradecerlle todo isto nós lle regalamos un marca páxinas da biblio BN
Aproveitando a visita Snoopy deixounos os carné de Snoopy adictos.
FOI UN GRAN DÍA, GRAZAS LUÍS!!!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario