xoves, 31 de maio de 2012
TRANSFORMANDO A KLIMT
No blog de A L podedes ver o bonita que quedou a actividade feita no taller de TICs con Aida sobre KLIMT.
VISITA AO IES DE PASTORIZA
Hoxe fomos de visita ao IES de PASTORIZA para ver unha exposición de libros que fixeron na biblioteca entre alumnos e profesores.
Recibíunos unha profe, Goretti, que nos amosou que hai libros grandes, pequenos, antigos, de diferentes paises e escritos en diferentes idiomas.
Despóis contóunos un conto e por último visitamos a exposición de alimentos que hai no corredor do instituto.
Tamén tivemos tempo de xogar un ratiño no patio e compartir o tempo cos maiores.
Voltamos a escola cargados con un marcapáxinas e unha piruleta.
Grazas a todo o Instituto por atendernos tan ben.

mércores, 30 de maio de 2012
FESTA DE VOZ NATURA
O próximo sábado, día 2, celebrarase a festa de VOZ NATURA. Hoxe María e Mª José foron a colocar a nosa parte da exposición para que todos a poderemos ver o sábado.
Esperámosvos a todos para desfrutar dun fántastico día.
Máis información no blog de Voz Natura.
Esperámosvos a todos para desfrutar dun fántastico día.
Máis información no blog de Voz Natura.
martes, 29 de maio de 2012
VISITA DE PINTO & CHINTO
Por fin tivemos a tan esperada visita de Pinto e Chinto no colexio. Foi unha visita moi completa: contáronnos cousas da súa vida e do seu traballo, de como un debuxa e outro escribe os contos.
Léronnos varios relatos do libro " MINIMALARIO", ou mellor dito, Carlos leu e David debuxou.
Despois fomos nós os que debuxamos e moi ben, por certo .
Foi unha experiencia inesquencible!
GRAZAS AOS DOUS POR COMPARTIR ESTE TEMPO CON NÓS
Tedes máis información na Biblio BN.

luns, 28 de maio de 2012
PREPARANDO UNHA VISITA
Como preparación para a visita de mañá de PINTO E CHINTO, Mª José, coa axuda de Aida, contóunos o conto "A maceira que daba calquera cousa menos mazás".
Xa nos tarda en chegar o martes!
Tedes máis información no blog da Biblio BN.
Xa nos tarda en chegar o martes!
Tedes máis información no blog da Biblio BN.
domingo, 27 de maio de 2012
VISITA DE PILAR
O xoves veu a facernos unha visita a teacher Pilar e deixóunos estes regaliños.
Que os desfrutedes!!
Que os desfrutedes!!
xoves, 24 de maio de 2012
PINTANDO COA BROCHA GORDA
Estamos a preparar a exposicón de Voz Natura e aínda que non podemos contar moito queremos que vexades o ben que se nos dá pintar coa brocha gorda.
Máis información no blog de VOZ NATURA
Máis información no blog de VOZ NATURA
UNHA VISITA MOI ESPERADA
O próximo martes teremos un encontro na nosa biblioteca cos humoristas gráficos Pinto e Chinto, que de seguro será moi interesante .
O día antes teremos un contacontos arredor do libro " a maceira que daba calquera cousa menos mazás"
Tedes máis información no blog da biblio BN.
O día antes teremos un contacontos arredor do libro " a maceira que daba calquera cousa menos mazás"
Tedes máis información no blog da biblio BN.
OS TOMATES DE NICOLÁS
Xa plantamos os tomates e as leitugas que o papà de Nicolás nos agasallou para poñer no horto do colexio.
Darán froito axiña?
Darán froito axiña?
mércores, 23 de maio de 2012
PARABÉNS NOA
Parabéns para NOA que hoxe cumpriu 4 anos. Celebrámolo en clase con unha rica torta de chocolate que lle fixo a súa "yaya".
martes, 22 de maio de 2012
OS BOSQUES DE ESPAÑA
Hoxe fomos nós os que explicamos aos nenos e nenas de 4 e 5 anos o que aprendemos dos bosques de España. Aínda que o fixemos entre todos, foron Noa, Irene e Almudena as que fixeron a presentación e o
fixeron moi ben.
mércores, 16 de maio de 2012
LETRAS E MAIOS
Hoxe rematamos o noso mural do Día das Letras Galegas e os nenos e nenas da clase de 5 anos sorprendéronnos con UN MAIO que fixeron coa " profe" de música Betty.
Foi un bonito remate da semana adicada as Letras Galegas e a Valentín Paz Andrade.
Foi un bonito remate da semana adicada as Letras Galegas e a Valentín Paz Andrade.
martes, 15 de maio de 2012
LETRAS GALEGAS
Xa empazamos a recibir información de Valentín Paz Andrade, escritor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas.
Para expoñer as nosas aportacións fixemos un mural que se atopa na entrada do colexio e que iremos completando nos próximos días.
Tamén reinterpretamos unha viñeta de Pinto e Chinto que nos quedou moi bonita.

luns, 14 de maio de 2012
LETRAS GALEGAS 2012
O 17 de maio celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, adicado este ano a VALETÍN PAZ ANDRADE.
No blog da Biblio BN tedes información da vida e obra deste escritor.
No blog da Biblio BN tedes información da vida e obra deste escritor.
sábado, 12 de maio de 2012
IMITANDO A KLIMT
No taller de TICS, coa profe Aida, estivemos imitando a Klimt facendo fotos o noso horto empregando diferentes marcos.
Podedes ver a presentación no blog de Voz Natura.
Podedes ver a presentación no blog de Voz Natura.
TRANSPLANTANDO LEITUGAS
As leitugas que sementamos xa teñen un tamaño apropiado para que as poidamos transplantar .
xoves, 10 de maio de 2012
MAURICE SENDAK
O día 8 deste mes de maio de 2012 nos deixaba MAURICE SENDAK autor e ilustrador de, entre outros libros, " Onde viven os monstruos".
Hoxe no colexio quixemos facerlle unha pequena homenaxe contando, unha vez máis, o seu famoso conto.
Se vos apetece, seguro que si, podedes ver de novo a todos os monstruos no blog da Biblio BN.
Hoxe no colexio quixemos facerlle unha pequena homenaxe contando, unha vez máis, o seu famoso conto.
Se vos apetece, seguro que si, podedes ver de novo a todos os monstruos no blog da Biblio BN.
mércores, 9 de maio de 2012
MÁIS BICOS
Hoxe o noso colexio volveu a encherse de bicos.
martes, 8 de maio de 2012
UN MISTERIO NO HORTO
No conto que a mamá de Camilo, da clase de 4 anos, nos contou hoxe "MISTERIO NO HORTO" había un gran enigma que ela nos revelou.
Gracias mami.
luns, 7 de maio de 2012
OS NOSOS BICOS
Así de bonitas quedaron as fotos dos nosos bicos.
domingo, 6 de maio de 2012
NOTICIAS DA BIBLIO BN
No blog da nosa biblioteca tedes varias noticias : as normas de préstamo de libros e as próximas actividades con Klimt.
xoves, 3 de maio de 2012
O "XIGANTE" DE LEIRO
Esta é a recreación que fixemos hoxe en clase da escultura de FRANCISCO LEIRO "XIGANTE", que vimos no Museo de Belas Artes e que tanto nos fixo desfrutar.
mércores, 2 de maio de 2012
UNHA VIAXE CON MOITA ARTE
Resultou moi interesante a excursión de hoxe a Coruña para visitar o Castelo de San Antón e o Museo de Belas Artes.
Pasámolo en grande comprobando como é un castelo , vendo que cousas se gardan dentro agora que é un museo e estivemos moi atentos as explicacións de Paula e Inés, as nosas guías.
No Museo de Belas Artes fixemos un percorrido para comprobar como as árbores e os bosques están presentes na arte.
Descubrimos o que é unha escultura e os diferentes materiáis que se utilizan para esculpir: madeira, granito, martelo, cincel ...
Para rematar nos contaron un precioso conto dunha árbore dos desexos e nos mesmos plasmamos os nosos nunha fita que despois colgamos nunha árbore fora do museo.
Esperamos que todos se cumplan!!!!

VISITA DE WINNIE THE POOH
Este luns visitounos Winnie the Pooh en forma de libro da man da irmá de Emma, da aula de 4 anos.
Grazas por regalarnos este preciosos conto.
Grazas por regalarnos este preciosos conto.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)