martes, 29 de maio de 2012

VISITA DE PINTO & CHINTO

Por fin tivemos a tan esperada visita de Pinto e Chinto no colexio. Foi unha visita moi completa: contáronnos cousas da súa vida e do seu traballo, de como un debuxa e outro escribe os contos.
Léronnos varios relatos do libro " MINIMALARIO", ou mellor dito, Carlos leu  e David debuxou.
Despois fomos nós os que debuxamos e moi ben, por certo .
Foi unha experiencia inesquencible!
GRAZAS AOS DOUS POR COMPARTIR ESTE TEMPO  CON NÓS
Tedes máis información na Biblio BN.





Ningún comentario:

Publicar un comentario