mércores, 15 de marzo de 2017

MULLERES E ROBÓTICA

Hoxe chegounos un correo dende a bibliobn propoñéndonos un reto: investigar sobre a relación da robótica e as mulleres.

No correo había un enlace a un blog onde se fai unha pregunta: Saben as mulleres de robots? e pídennos que o fagamos visible.

No blog aparecen 21 mulleres expertas en  robots e das que nós investigaremos a 5. Para darlles visibilidade  faremos un tríptico. Será un traballo colaborativo coas outras aulas do centro.


Ningún comentario:

Publicar un comentario