domingo, 14 de maio de 2017

VISITA A GALÁN

Este venres, acompañados das familias, visitamos o que será o noso colexio para o curso que ven.
Recibíronnos na biblioteca onde fixemos un debuxo que nos dará a benvida en setembro, visitamos as aulas de 1º de Primaria onde puidemos saudar a antigos compañeiros e compañeiras e algún irmán.
Na aula de música ensaiamos e cantamos  unha canción acompañados de papás e mamás e rematamos a xornada compartindo  cunha merenda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario