xoves, 15 de decembro de 2011

PREPARAMOS A FESTA

Xa empazamos a preparar todo o necesario para o festival do día 21. Na nosa clase estamos preparando un mural para adornar o lugar onde celebraremos a festa.

EL SECRETO, MI SECRETO

Durante toda esta semana estiveron aparecendo misteriosas mensaxes na clase que falan de un SEGREDO .
Hoxe apareceu unha mazá  grande que nos pedía que escribiramos o noso segredo nuha mazá pequena e que mañá a levaramos a BIBLIOTECA.
Saberemos mañá de que segredo se trata??????



luns, 12 de decembro de 2011

A NOSA ÁRBORE DE NADAL

A árbore que hai na entrada do colexio empeza a estar moi bonita adornada cos CDs que van chegando da casa . Para comprobar como vai pinchar AQUÍ

venres, 9 de decembro de 2011

DECORAMOS O NADAL

Hoxe os nenos e nenas levan para casa unha nota para que nos axudedes a poñer o cole de NADAL.
Precisamos  que nos adornedes un CD para colgar da árbore que temos na entrada do colexio.
Podedes usar todo o que queirades, cousas que teñades pola casa e que non sepamos que facer con elas.
Se nos dispoñedes de CDs pedídenos que nos temos algúns.
A modo de exemplo van unhas fotos que vos poden orientar.
Grazas pola vosa colaboración e que desfrutes  facendo este traballiño cos vosos fillos e fillas.

martes, 6 de decembro de 2011

RECURSOS PARA NADAL

A coordenadora galega de equipos de normalización e dinamización ligüística propónnos unha morea de actividades que todos podemos facer dende a casa
.Que desfrutedes con elas pinchando AQUÍ

domingo, 4 de decembro de 2011

INDIOS

Na clase de inglés, coa profe Pilar, aprendemos unha canción que fala de indios: "TEN LITTLE INDIANS". Tamén aprendemos un baile e para ambientalo  tivemos que facer unha coroa de indio con unha pluma. Mirade que bonitas quedaron as nosas plumas!!!!!!!!


xoves, 1 de decembro de 2011

XA CHEGA O NADAL



Hoxe colocamos o noso calendario de Adviento para ir descontando o tempo que nos falta para que chegue o Nadal. A primeira en comer o bombón sorpresa foi Cintia Gándara pero hai unha sorpresa para cada un.