mércores, 15 de marzo de 2017

HISTORIA DA ROBÓTICA: O RENACEMENTO

Seguimos avanzando na investigación da robótica e na época do Renacemento empezamos con Leonardo da Vinci e as súas máquinas.


MULLERES E ROBÓTICA

Hoxe chegounos un correo dende a bibliobn propoñéndonos un reto: investigar sobre a relación da robótica e as mulleres.

No correo había un enlace a un blog onde se fai unha pregunta: Saben as mulleres de robots? e pídennos que o fagamos visible.

No blog aparecen 21 mulleres expertas en  robots e das que nós investigaremos a 5. Para darlles visibilidade  faremos un tríptico. Será un traballo colaborativo coas outras aulas do centro.


luns, 13 de marzo de 2017

OFICIOS ARTESANAIS: OLEIROS

Para traballar os oleiros utilizamos barro para pintar e rematar a ficha que fixemos.






OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: ÁNGEL

O Escornabot e a súa mochila xa están "okupando" a casa de Ángel.


OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: MANUEL

Xa está de volta a mochila da casa de Manuel con unha nova plantilla para poder xogar. Explicounos a todos como a fixo e como se xoga: reutilizou 10 cromos ( 5 iguais) que tiña repetidos da Patrulla Canina e pegounos na plantilla e numerou as casiñas do 1 a 5. Empregando un dado hai que buscar as parellas de cada cromo. Cando no dado sae un 6 penaliza con unha vez sen xogar.



Isto é o que Manuel ecribiu no caderniño

A plantilla

Asi viviron a experiencia na casa



domingo, 12 de marzo de 2017

O ESCORNABOT FALA INGLÉS

Na clase de inglés, co profe Pablo, repasamos as cores coa axuda do Escornabot e a plantilla que trouxo Edgar da casa na que hai "cats" de diferentes cores que temos  que ir emparellando.


ENCONTRO EN IGUALDADE

Os nenos e nenas da aula de 6º  participamos no taller de igualdade do CIM.