Aproveitando a visita a La Voz de Galicia, celebramos o Día da Árbore e os 20 anos de Voz Natura,plantando un carballo no xardín que rodean ás instalacións do xornal.
martes, 21 de marzo de 2017
ENCONTXO: DÍA DA POESÍA
Celebrámolo homenaxeando a Gloria Fuertes e coa lectura do libro "a raiña de Turnedó".
Hoxe levamos para casa a guía de lectura con libros de poesía.
Hoxe levamos para casa a guía de lectura con libros de poesía.
domingo, 19 de marzo de 2017
OKUPACIÓN ECORNABÓTICA: ÁNGEL
O venres Ángel compartiu con todos nós a súa experiencia co Escornabot na casa .
Fixo dúas plantillas: umha dos personaxes de YO-KAI WACH e outra de peinados. Coa a segunda podemos xogar emparellando os peinados e as regras do xogo da outra plantilla están perfectamente explicadas no seguinte documento
Estas son as plantillas
No caderniño escribiron a súa opinión Ángel e a familia
Así o pasaron na casa
mércores, 15 de marzo de 2017
HISTORIA DA ROBÓTICA: O RENACEMENTO
Seguimos avanzando na investigación da robótica e na época do Renacemento empezamos con Leonardo da Vinci e as súas máquinas.
MULLERES E ROBÓTICA
Hoxe chegounos un correo dende a bibliobn propoñéndonos un reto: investigar sobre a relación da robótica e as mulleres.
No correo había un enlace a un blog onde se fai unha pregunta: Saben as mulleres de robots? e pídennos que o fagamos visible.
No blog aparecen 21 mulleres expertas en robots e das que nós investigaremos a 5. Para darlles visibilidade faremos un tríptico. Será un traballo colaborativo coas outras aulas do centro.
luns, 13 de marzo de 2017
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)















