domingo, 14 de maio de 2017

ARTE ROBÓTICA: COLLAGE

Sóanvos de algo estes collages? Seguro que si, pinchade no enlace para comprobalo.

ESCORNABOTS NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

O noso centro compartiu co resto de centros de Galicia o traballo feito cos Escornabots e agasallou aos novos centro co logo feito na impresora 3D.

VISITA A GALÁN

Este venres, acompañados das familias, visitamos o que será o noso colexio para o curso que ven.
Recibíronnos na biblioteca onde fixemos un debuxo que nos dará a benvida en setembro, visitamos as aulas de 1º de Primaria onde puidemos saudar a antigos compañeiros e compañeiras e algún irmán.
Na aula de música ensaiamos e cantamos  unha canción acompañados de papás e mamás e rematamos a xornada compartindo  cunha merenda.

xoves, 11 de maio de 2017

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: MICHELE

Xa está de volta o Escornabot da casa de Michele e explicou a toda a clase o que fixo na  plantilla: coa axuda da súa nai debuxou os seus coches favoritos, os escudos da marca e a bandeira do pais onde se fabrican. 


Esta é a explicación que el mesmo escribiu no caderniño.

Esta é a plantilla

Así traballou na casa

ENCONTxOS POLO PLANETA

Esta vez coñecemos a acción de John Muir para coidar o noso planeta: acampar