xoves, 31 de maio de 2012
TRANSFORMANDO A KLIMT
No blog de A L podedes ver o bonita que quedou a actividade feita no taller de TICs con Aida sobre KLIMT.
VISITA AO IES DE PASTORIZA
Hoxe fomos de visita ao IES de PASTORIZA para ver unha exposición de libros que fixeron na biblioteca entre alumnos e profesores.
Recibíunos unha profe, Goretti, que nos amosou que hai libros grandes, pequenos, antigos, de diferentes paises e escritos en diferentes idiomas.
Despóis contóunos un conto e por último visitamos a exposición de alimentos que hai no corredor do instituto.
Tamén tivemos tempo de xogar un ratiño no patio e compartir o tempo cos maiores.
Voltamos a escola cargados con un marcapáxinas e unha piruleta.
Grazas a todo o Instituto por atendernos tan ben.

mércores, 30 de maio de 2012
FESTA DE VOZ NATURA
O próximo sábado, día 2, celebrarase a festa de VOZ NATURA. Hoxe María e Mª José foron a colocar a nosa parte da exposición para que todos a poderemos ver o sábado.
Esperámosvos a todos para desfrutar dun fántastico día.
Máis información no blog de Voz Natura.
Esperámosvos a todos para desfrutar dun fántastico día.
Máis información no blog de Voz Natura.
martes, 29 de maio de 2012
VISITA DE PINTO & CHINTO
Por fin tivemos a tan esperada visita de Pinto e Chinto no colexio. Foi unha visita moi completa: contáronnos cousas da súa vida e do seu traballo, de como un debuxa e outro escribe os contos.
Léronnos varios relatos do libro " MINIMALARIO", ou mellor dito, Carlos leu e David debuxou.
Despois fomos nós os que debuxamos e moi ben, por certo .
Foi unha experiencia inesquencible!
GRAZAS AOS DOUS POR COMPARTIR ESTE TEMPO CON NÓS
Tedes máis información na Biblio BN.

luns, 28 de maio de 2012
PREPARANDO UNHA VISITA
Como preparación para a visita de mañá de PINTO E CHINTO, Mª José, coa axuda de Aida, contóunos o conto "A maceira que daba calquera cousa menos mazás".
Xa nos tarda en chegar o martes!
Tedes máis información no blog da Biblio BN.
Xa nos tarda en chegar o martes!
Tedes máis información no blog da Biblio BN.
domingo, 27 de maio de 2012
VISITA DE PILAR
O xoves veu a facernos unha visita a teacher Pilar e deixóunos estes regaliños.
Que os desfrutedes!!
Que os desfrutedes!!
xoves, 24 de maio de 2012
PINTANDO COA BROCHA GORDA
Estamos a preparar a exposicón de Voz Natura e aínda que non podemos contar moito queremos que vexades o ben que se nos dá pintar coa brocha gorda.
Máis información no blog de VOZ NATURA
Máis información no blog de VOZ NATURA
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)